Profesorado de Relixión

ACORDO SOBRE AS CONDICIÓNS DE TRABALLO DO PROFESORADO ITINERANTE PROFESORADO DE RELIXIÓN 5 1. OBXECTO E ÁMBITO DE APLICACIÓN. O profesorado itinerante é aquel que desempeña postos de traballo que implican desprazamentos habituais dende un centro base ata outro ou outros centros públicos en distintas localidades. 2. HORARIOS. Na elaboración dos horarios deste profesorado terase en conta a seguinte compensación horaria lectiva semanal: - Ata 50 km: 2 horas. - Desde 51 Km ata 100 Km: 3 horas. - Desde 101 Km ata 150 Km: 4 horas. - Máis de 150 Km: 5 horas. Excepcionalmente, en función da orografía galega e da infraestrutura viaria na que se atopen os centros nos que se itinera, ou cando a distancia a percorrer supere os 200 Km, as Xuntas de Persoal poderán establecer, ademais, unha compensación horaria de ata dúas horas de horario lectivo. A xornada lectiva do profesorado que desempeñe postos de carácter itinerante comezará na localidade que correspon- da, en función do horario establecido. Como norma xeral, non debe atender máis de tres centros diariamente. 3. CARACTERÍSTICAS DOS POSTOS DE TRABALLO ITINERANTES. Serán de aceptación voluntaria. A distancia entre o centro de destino e os centros aos que o profesorado se ten que desprazar non superará, con carácter xeral, os 35 Km. En casos excepcionais, poderán sobrepasarse co acordo da correspondente Xunta de Persoal. 4. TITORÍAS. Non se asignarán titorías ao profesorado que desempeñe postos de traballo itinerantes mentres o resto do profesora- do, exceptuando o equipo directivo, non as teña adxudicadas. 5. PERÍODOS DE RECREO. Sempre que sexa posible, dentro da organización dos centros, os períodos de recreo non se utilizarán para itinerar. O profesorado itinerante deberá atender como o resto do profesorado aos alumnos no período de recreo. 6. DESPRAZAMENTOS E COMPENSACIÓN ECONÓMICA. Terá dereito a percibir os custos de locomoción dos desprazamentos. O pago dos desprazamentos será efectuado polos centros educativos, con cargo aos custos de funcionamento, como máis tarde, no mes seguinte a producirse os desprazamentos, sendo a Consellería de Educación a que indique aos centros educativos a contía que, dentro da contía global de gastos de funcionamento, vai asignada ao pagamento dos despraza- mentos do profesorado itinerante. 7. TRANSFORMACIÓN DUNHA PRAZA ITINERANTE. A transformación dunha praza ordinaria en praza de itinerante, ou o incremento nun cincuenta por cento ou máis da itinerancia, dará dereito ao persoal titular da mesma a pasar á situación de suprimido/a ou a permanecer con destino definitivo na praza. 8. PROTECCIÓN DA SAÚDE E PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS. Considéranse accidentes “in itinere” aqueles que se produzan nos traxectos dos desprazamentos por razón do servizo, informados como tales, polos órganos competentes. Profesoras en período de xestación poderán deixar de itinerar a partir do quinto mes de embarazo, pasando a realizar tarefas de apoio ou a outras actividades no centro base, ou no que determine a Xefatura Provincial da Conselle- ría de Educación, nomeando un profesor/a substituto/a. 9. AXUDAS NO CASO DE ACCIDENTE. O profesorado itinerante terá dereito ás axudas para custos por accidente de automóbil que anualmente convoca a Consellería de Educación. 10. SEGUROS E CRÉDITOS. A Consellería de Educación promoverá que as compañías de seguros de accidentes, de vida e de automóbil, lles oferten ao profesorado itinerante pólizas máis favorables que as existentes no mercado; así mesmo negociará con entidades crediticias, créditos brandos para a adquisición de vehículos, en condicións tamén máis favorables que as existentes no mercado. ANPE SINDICATO MAIORITARIO DO ENSINO PÚBLICO A NIVEL NACIONAL DO PROFESORADO DE RELIXIÓN

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=