Profesorado de Relixión

PROFESORADO DE RELIXIÓN 1 Coeficientes reductores da pensión 4. XUBILACIÓN POR INCAPACIDADE PERMANENTE Tipoloxía: · Incapacidade Parcial: incapacita para a profesión habi- tual, sen acadar o grao de total e que ocasiona ao traballador/a unha disminución non inferior ao 33% no seu rendemento normal para a profesión. · Incapacidade Total: incapacita para todas ou as funda- mentais tarefas da profesión. Non impide a dedicación a outra profesión distinta. · Incapacidade Absoluta: incapacita para todo tipo de traballo, profesión ou oficio. · Gran invalidez: requírese a asistencia doutra persoa para as tarefas máis esenciais. Requisitos: Informe emitido preceptivamente polo EVI (Equipo de Valoración de Incapacidade). Cálculo da pensión: · Base reguladora: BR=bases cotización dos últimos 96 meses anteriores ao mes previo do feito causante/112. Ao resultado obtido aplícaselle a porcentaxe que corres- ponda en función dos anos de cotización considerándose a tal efecto como cotizados os anos que lle resten ao interesado, na data do feito causante, para cumprir a idade de 65 anos. No caso de non alcanzarse 15 anos de cotización , a porcentaxe aplica- ble será do 50%. · Incapacidade Total: 55% da BR. Pode incrementarse nun 20%máis para os maiores de 55 anos. · Incapacidade Absoluta: 100%da BR · Gran invalidez: 100%da BR incrementado nun 50% · Periodo mínimo de cotización, con 26 anos de idade cumpridos, o periodo de cotización é a cuarta parte do tempo transcorrido entre a data na que cumpriu 20 anos e a do feito causante, cun mínimo de 5 anos. Outras consideracións: A pensión de incapacidade perma- nente convértese en pensión de xubilación ao cumprir a idade esixida para esta. BENEFICIOS E COMPLEMENTOS Complemento para a reducción da fenda de xénero: Substitúe ao antigo complemento por maternidade. Supón unha cantidade fixa de 27 euros mensuais por cada fillo/a para as mulleres beneficiarias dunha pensión xeradas a partir do 4 de febreiro de 2021. Este complemento poderá superar o límite máximo das pensións públicas e quen estivese percibindo o complemento por maternidade manterao, podendo optar ao novo complemento se este último é superior ao de maternidade que viña percibindo. Beneficios por parto: Recoñecemento de 112 días asimila- dos a cotizados por cada parto (14 días máis por cada fillo/a a maiores se o parto é múltiple) sempre que non se tivese gozado, cobrado e cotizado o período do permiso por parto. Beneficios por coidado de fillos: Recoñecemento como períodos cotizados de ata 270 días, como consecuencia da interrupción da cotización, producida entre os nove meses anteriores ao nacemento e a finalización do sexto ano posterior a esta situación. Xubilación posterior á idade ordinaria: Recoñécese unha porcentaxe adicional por cada ano completo cotizado entre a data que cumpriu dita idade e a da xubilación, cuxa contía estará en función dos anos de cotización acreditados na primeira data indicada, en base á seguinte escala: · Ata 25 anos cotizados: 2% · Entre 25 e 37 anos cotizados: 2,75% · Máis de 37 anos cotizados: 4% 5. XUBILACIÓN PARCIAL DO PERSOAL LABORAL ANTE UNHA SOLICITUDE DE XUBILACIÓN ANTICIPADA. O profesorado en situación de xubilación parcial que presen- te unha solicitude de xubilación anticipada (antes de cumprir os 65 anos), deberá entregar a solicitude cunha antelación mínima dun mes á data na que se solicita a súa efectividade. 5.1. Situación na que queda o contrato de remuda a) Cando o xubilado parcial e remudista desenvolvesen o mesmo posto de traballo: O/A profesor/a remudista debe continuar prestando servizos na mesma modalidade contractual (contrato de remuda) ata que ese xubilado/a parcial (agora en xubilación anticipada) acadase os 65 anos. Se pode acordar co remudista unha modificación da xornada, de xeito que o remudista realice o 100% da xornada de traballo, coas seguintes precisións: · A modalidade contractual empregada seguirá sendo o contrato de remuda. · A data de inicio da nova xornada de traballo será o mesmo día que a xubilación anticipada daquel. · A dita novación contractual tería que acordarse entre o traballador remudista e a Consellería, antes da efectividade da xubilación anticipada do xubilado parcial. 5.2. Finalización do contrato de remuda O contrato de remuda rematará o mesmo día no que o xubilado parcial acadase os 65 anos de idade (data que xa constaba no contrato de remuda). 15 ANOS COTIZADOS Menos de 38 anos e 6 meses Entre 38 anos e 6 meses e menos de 41 anos e 6 meses Entre 41 anos e 6 meses e menos de 44 anos e 6 meses 44 anos e 6 meses ou máis COEFICIENTE REDUTOR POR CADATRIMESTRE DEANTICIPO 1,875% (equivale ao 7,5% anual) 1,75% (equivale ao 7% anual) 1,625% (equivale ao 6,5% anual) 1,5% (equivale ao 6% anual) IDADE 26 a 40 anos 44 anos 48 anos 52 anos 56 anos 60 anos 64 anos PERIODO DE COTIZACIÓN 5 anos 6 anos 7 anos 8 anos 9 anos 10 anos 11 anos

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=