Profesorado de Relixión
PROFESORADO DE RELIXIÓN 1 1. PARTICIPANTES 1.1 Participación forzosa no concurso de trasla- dos Profesorado de Relixión con contrato laboral indefini- do que estea prestando servizos no momento da convo- catoria e non teña unha praza asignada con destino definitivo na relación de postos de traballo do profesora- do de Relixión aprobada pola Orde do 12 de xuño de 2020. Este profesorado estará obrigado a solicitar todas as prazas vacantes ou de posibles resultas nun radio de 25 km desde o que foi o seu centro base de referencia ao centro base dos novos postos de traballo publicado pola Orde do 12 de xuño de 2020. 1.2 Participación voluntaria 1.2.1 Persoal laboral indefinido de Relixión Poderá participar voluntariamente no presente con- curso: a) O profesorado de Relixión con contrato laboral indefinido, en situación de servizo activo ou de exceden- cia por coidado de fillas/os e familiares, ou de excedencia forzosa, que preste servizos en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidades. b) O profesorado de Relixión con contrato laboral indefinido en situación de excedencia. 1.2.2 Persoal laboral temporal de Relixión Poderán participar no presente concurso de trasla- dos o profesorado de Relixión con contrato laboral temporal, que preste ou prestase servizos en centros educativos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e se manteña nas listas de persoal laboral temporal de profesorado de Relixión. Para estes efectos, enténdese que prestaron servizos todas aquelas persoas que, correspondéndolles unha interinidade ou substitución, non tomaron posesión dela por unha das causas previstas na Resolución do 28 de xuño de 2017, ou o profesorado de Relixión do nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato que no seu día foi excluído delas por ser persoal laboral indefini- do de Relixión no nivel educativo de educación infantil e primaria. 2. REQUISITO DE COÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA O profesorado de Relixión terá que acreditar a capaci- tación en lingua galega, debendo estar en posesión do certificado de lingua galega (Celga 4), ter superado o curso de perfeccionamento de lingua galega, ter a validación correspondente ou telo superado a través de proba libre ou ter o nivel avanzado de galego da escola oficial de idiomas. 3. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES (www.edu.xunta.es/cxt ) - Telemática - Presencial (a través dos rexistros ou da secretaría do centro). 4. PRAZO DE SOLICITUDES 15 días hábiles a partires do día seguinte a súa publicación no DOG. 5. DEREITO PREFERENTE Persoal laboral indefinido de Relixión que non obtén destino definitivo na Orde do 12/06/2020. O dereito preferente será voluntario a todas as locali- dades incluídas na súa última plaza definitiva e exten- dendo a aquelas que se atopen nun radio de 10 km. 6. RESOLUCIÓN PROVISIONAL Publicación na web: www.edu.xunta.es/gal 7 . RECLAMACIÓNS Prazo: Dez días hábiles contados desde o día seguin- te ao da publicación da adxudicación de destinos provi- sionais na páxina web da Consellería de Cultura, Educa- ción e Universidades. 8. RENUNCIAS A renuncia afecta a todas as peticións consignadas na súa solicitude de participación. As persoas que desexen renunciar a súa participación no concurso, deberán realizar a renuncia aínda no supos- to de que non obtiveran destino na resolución provisio- nal, xa que, de non facelo, poderán obter destino na resolución definitiva. 9. RESOLUCIÓN DEFINITIVA Publicación no DOG e na web: www.edu.xunta.es/ As prazas son irrenunciables. 10. RECURSOS Contra a resolución definitiva, o persoal interesado poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes. CXT PROFESORADO DE RELIXIÓN 12
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=