Profesorado de Relixión
PROFESORADO DE RELIXIÓN 1 1. SOLICITANTES: - Persoal docente dependente da Consellería de Cultu- ra, Educación e Universidades, en activo ou en excedencia. 2. REQUISITOS a) IDADE DOS FILLOS TIPO I: Un fillo/a menor de 4 anos ou de 8 no caso de núcleos familiares dunha única persoa proxenitora. TIPO II: Dous fillos/as menores de 6 anos ou de 10 no caso de núcleos familiares dunha única persoa proxenitora. Un fillo/a menor de 6 anos se ten recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33%. TIPO III : Tres ou máis fillos/as menores de 12 anos ou de 16 no caso de núcleos familiares dunha única persoa proxenito- ra. Dous fillos/as menores de 12 anos se un deles ten recoñe- cida unha discapacidade igual ou superior ao 33%. A idade dos fillos ou fillas compútase o 31 de decembro do ano inmediatamente anterior a aquel no que se efectúa a solicitude. Poderase solicitar comisión nos casos de embara- zo a termo con anterioridade ao mes de marzo do ano seguinte ao da solicitude. Nas adopcións ou acollementos a idade cóntase desde a resolución xudicial ou administrativa. b) DISTANCIA Ter o centro de destino a 60Km ou máis da residencia só no caso de profesorado con destino definitivo . Este requisito non se exixe a quen preste servizos en EEI, CEIP, CRA, CEE e CPI con xornada partida. - Hai que solicitar en primeiro lugar o centro ou centros da localidade ou localidades que se atopen nun radio de 20 Km da residencia, agás centros ordinarios que imparten ensinanzas de adultos e calquera centro que imparta ensi- nanzas en xornada partida . Poden solicitarse tamén prazas noutros centros e localidades, sendo preceptivo priorizar aquelas situadas nun radio de 20 Km da localidade de resi- dencia. c) PARTICIPAR NO CONCURSO DE TRASLADOS e solici- tar a localidade ou localidades en que se solicita comisión de servizos. d) Só un dos cónxuxes poderá solicitar comisión, agás no caso de por sentenza xudicial no CUSTODIAS COMPARTIDAS que ambos proxenitores poderán solicitar a comisión. 3. SOLICITUDES: - Mediante a aplicación informática de CADP. - Obrigatoriamente na sede electrónica . - Dobre instancia: o persoal docente que ten a obriga de participar na petición ordinaria de destinos provisionais (profesorado suprimido ou desprazado, en expectativa, en prácticas e persoal interino) terá que facer dúas solicitudes: a de comisión de conciliación e a ordinaria (CADP) . No caso de que non se obteña destino por conciliación (por non existir vacante nas prazas que se solicitan) adxudicaríase destino pola solicitude ordinaria. 4. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES Dez días hábiles, contados a partir do día seguinte á publica- ción no DOG da resolución do CXT. Observacións: · Se o CXT é de ámbito estatal, o prazo dos 10 días hábiles contarase desde a publicación no DOG do último concurso. · Se algún ano non hai CXT, o prazo será do 15 ao 30 de abril. · O persoal que supere o proceso selectivo terá un prazo de 2 días hábiles desde a publicación da relación de persoas aprobadas polo tribunal correspondente. 5. DOCUMENTACIÓN (Só se presenta a primeira vez e cando se produzan cambios). a) Informe médico coa data probábel de parto cando exista embarazo a termo final con anterioridade ao mes de marzo do ano seguinte (indicando se é simple, duplo ou triplo). b) Certificación literal de nacemento ou copia do libro de familia. c) Copia da sentenza xudicial en caso de custodia compar- tida. d) Copia da resolución xudicial en caso de adopción ou acollemento. e) Copia da resolución administrativa de recoñecemento dun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % dos fillos/as menores de doce anos. 6. RESOLUCIÓN PROVISIONAL Publicación na páxina web www.edu.xunta.gal 7. RECLAMACIÓNS. Cinco días hábiles desde o día seguinte ao da publicación na web. 8. RESOLUCIÓN DEFINITIVA Publicación na páxina web: www.edu.xunta.gal . Recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da publicación. 9. PRIORIDADE A prioridade na adxudicación ven determinada polo número de fillos e fillas (Tipos III,II e I) e dentro destes grupos polos seguintes criterios: a) Por ser un único proxenitor ou proxenitora. b) Pola antigüidade como persoal funcionario no corpo. c) Antigüidade no centro. COMISIÓNS DE SERVIZO POR CONCILIACIÓN (Orde 15/04/2019) 1
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=