Profesorado de Relixión

PROFESORADO DE RELIXIÓN 1 1. SOLICITANTES - Persoal laboral docente indefinido. - Persoal laboral docente temporal. 2. FINALIDADE a) Profesores afectados por situacións que impliquen unha diminución notoria das facultades físicas, mentais ou sensoriais. b) Razóns de enfermidade grave do cónxuxe, parella de feito ou familiar dun primeiro grao de consanguinidade ou afinidade. 3. REQUISITOS - Ter un destino nunha localidade a unha distancia supe- rior a 50 km da cidade de residencia (non será esixible en centros de réxime de xornada partida). - Dous ou máis profesores relacionados coa familia non poden gozar dunha asignación temporal polo mesmo motivo e un deles debe renunciar, se é o caso. 4. DURACIÓN Un curso académico e, en xeral, non se poderán conceder máis doutros dous cursos, sexan continuados ou interrompi- dos, pola mesma circunstancia. 5. SOLICITUDES - Dirixiranse á xefatura territorial, cubrindo a solicitude da páxina http://www.edu.xunta.es/cadp e deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal ). - Solicitude a centros e / ou localidades. As persoas interesadas deberán solicitar primeiro o centro ou centros da localidade ou localidades que estean nun radio de 20 km desde o lugar da súa residencia. 6. DOCUMENTACIÓN (PRESENTACIÓN TELEMÁTICA) a) Anexo I (emitido no ano de presentación da solicitude). b) Informe actualizado do persoal médico de atención primaria e/ou especialista que acredite a/s presunta/s enfer- midade (s). c) Copia da resolución administrativa de recoñecemento do grao de discapacidade do profesorado solicitante cando non foi emitida pola Xunta de Galicia. No caso de solicitude de comisión de servizos por motivos de saúde dun familiar, tamén se facilitará o seguinte: a) Certificación literal ou copia do libro de familia actuali- zado. b) Certificado de empadronamiento e convivencia. c) Copia da resolución administrativa de recoñecemento dun grao de discapacidade igual ou superior ao 65% do cónxuxe, parella de feito ou parente do primeiro/segundo grao de consanguinidade ou afinidade do solicitante cando non o tería emitido pola Xunta de Galicia. d) Anexo II: verificación de datos de terceiros interesados. (Non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados con anterioridade, sempre que non se modifica- sen as circunstancias, agás os informes médicos, que deben actualizarse). 7. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES Dez días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG. · Se o CXT é estatal e se resolve por corpos en datas diferentes, o prazo será de dez días hábiles contados a partir da publicación da resolución do último concurso de traslados no DOG. · Se non se convoca CXT, o prazo será do 15 ao 30 de abril. 8. NOTIFICACIÓNS Por medios electrónicos. 9. RESOLUCIÓN PROVISIONAL Publicación na páxina web: www.edu.xunta.gal. 10. RECLAMACIÓNS Cinco días hábiles a partir do día seguinte ao da súa publica- ción na web. 11. RESOLUCIÓN DEFINITIVA Publicación na páxina web: . www.edu.xunta.gal Recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da publicación. 12. PRIORIDADE - Comisión de servizos por motivos de saúde do propio docente. - Comisión de servizos por motivos de saúde dun familiar a cargo. (As comisións de saúde teñen prioridade sobre as de concilia- ción da vida familiar e laboral). COMISIÓNS DE SERVIZO POR MOTIVOS DE SAÚDE (Orde 28/02/2020) 10

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=