Oposicións 2022

ANPE | 3 FASE DE OPOSICIÓN: 2/3 DA PUNTUACIÓN FINAL ♦ Letra pola que comezan os chamamentos: “T” . ♦ Todas as probas da especialidade de idiomas desenvolveranse com- pletamente nese idioma, o resto poderán ser en galego ou castelán. ♦ Cada unha das DÚAS probas desta fase terá carácter eliminatorio . ♦ 1.ª Proba da Oposición: O exame práctico e o tema realizaranse no mesmo día para o corpo de Mestres e no mesmo día ou diferentes no resto de corpos. ♦ 2.ª Proba da Oposición: A defensa da programación e da unidade didáctica realizaranse nunha mesma sesión . Disporase de 1 h de pre- paración e 1 h de exposición (defensa da Programación cun máximo de 20 min, a continuación a exposición da U.D. en 30 min e, finalmente, poderá haber un debate de máximo 10 min). 1.ª PROBA FASE OPOSICIÓN : Dúas partes : Comprobación dos coñece- mentos específicos da especialidade. A) Parte práctica: Consistirá na realización dunha serie de exercicios prác- ticos axustados á especialidade á que optes. O tempo asignado para a realización desta proba será establecido polos tribunais . B) Parte escrita : Tempo asignado: 2 h. Desenvolvemento por escrito dun tema do temario oficial elixido polo aspirante de entre 2 para Mestres, 4 para Artes Plásticas e Deseño, EOI e PES , extraídos ao chou polo tribunal. è Cualificación da 1.ª proba : Ao efectuarse estas dúas probas escritas, pro- cederase a unha lectura conxunta e a cualificación de cada parte por separado , de 0 a 10 puntos cada unha . A nota desta primeira proba será a suma das notas ponderadas de cada parte do seguinte xeito: —  Parte A: Multiplicarase por 0.6 a cualificación obtida —  Parte B: Multiplicarase por 0.4 a cualificación obtida ð  Exemplo: (6 x 0.6 = 3.6). (5 x 0.4 = 2.0). Total: 5.6 e, por tanto, APROBADO

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=