Acordo sobre as condicións de traballo do profesorado itinerante

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria considerará como accidentes “in itinere” aqueles que se produzan nos traxectos dos desprazamentos por razón do servizo, informados como tales polos órganos competentes. Aquelas profesoras que se atopen en período de xestación poderán deixar de itinerar a partir do quinto mes de embarazo, pasando a realizar tarefas de apoio ou outras activi- dades no centro base ou no que determine a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. A Consellería de Educación e Ordenación Universi- taria nomeará un profesor ou profesora substituto ou substituta para garantir a prestación dos servizos educativos. Noveno.- Axudas no caso de accidente O profesorado itinerante terá dereito ás axudas para custos por accidente de automóbil que anualmente convoca a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, con- forme ás normas que se determinan na Orde pola que se convocan. Décimo.- Seguros e créditos A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria promoverá que as compañías de seguros de accidentes, de vida e de automóbil lles oferten ao profesorado itine- rante pólizas máis favorables que as existentes no mercado; así mesmo negociará con entidades crediticias aos efectos de que estas poidan ofertar ao profesorado itinerante créditos brandos para a adquisición de vehículos en condicións tamén máis favorables que as existentes no mercado. Décimo primeiro.- Aplicación do acordo As disposicións do presente Acordo producirán efectos a partir do inicio do curso acadé- mico 2008/2009, agás o epígrafe sexto, que terá efectividade do 1 de setembro de 2007 e os apartados sétimo e o último parágrafo do apartado oitavo que terán efectividade do 1 de xaneiro de 2008. ANPE GALICIA Centro de Negocios Compostela Norte Rúa Xosé Chao Rego, 8 - baixo 15705 Santiago de Compostela 981 552 393 · galicia@anpe.es ANPE CORUÑA Rúa Fernando Macías, 10 - 1.º A 15004 A Coruña 981 271 915 · acoruna@anpe.es ANPE CORUÑA - Sede Santiago Centro de Negocios Compostela Norte Rúa Xosé Chao Rego, 8 - baixo 15705 Santiago de Compostela 981 552 393 · galicia@anpe.es ANPE LUGO San Roque, 94-98 - Entpla. Esq. 27002 Lugo 982 227 912 · lugo@anpe.es ANPE OURENSE Progreso, 83 - 1.º D 32004 Ourense 988 255 852 · ourense@anpe.es ANPE PONTEVEDRA-VIGO República Argentina, 10 - Entrechán ofic. 3 36201 Vigo - Pontevedra 986 437 043 · pontevedra@anpe.es

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=