Acordo sobre as condicións de traballo do profesorado itinerante

Ningún profesor ou profesora realizará máis de 250 Km semanais con carácter xeral. En casos excepcionais poderán sobrepasarse co acordo da correspondente Xunta de Persoal. Cuarto.- Titorías Non se asignarán titorías ao profesorado que desempeñe postos de traballo itinerantes mentres o resto do profesorado, exceptuando o equipo directivo, non as teña adxudicadas. Quinto.- Períodos de recreo Sempre que sexa posible dentro da organización dos centros os períodos de recreo non se utilizarán para itinerar. O profesorado que desempeñe postos de carácter singular iti- nerante deberá atender como o resto do profesorado aos alumnos no período de recreo. Sexto.- Desprazamentos e compensación económica O profesorado itinerante terá dereito a percibir os custos de locomoción cando se des- prace desde o centro base a outro centro educativo ou desde un centro educativo a outro, conforme o Decreto 144/2001, do 7 de xuño e a resolución da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza de 29 de decembro de 2005 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 29 de decembro de 2005 sobre a revisión da contía da indemnización por uso de vehículo particular e das axudas de custo en territorio nacional. O pago dos desprazamentos será efectuado polos centros educativos con cargos aos custos de funcionamento. Para estes efectos, para determinar as dotacións orzamenta- rias asignadas a cada centro, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria terá en conta os centros base con profesorado itinerante e as distancias a percorrer. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria indicará aos centros educativos a contía que, dentro da contía global de gastos de funcionamento, vai asignada ao paga- mento dos desprazamentos do profesorado itinerante. No suposto en que, por causas de forza maior debidamente xustificadas, a ruta habitual resulte intransitable, contabilizaranse os quilómetros percorridos nos itinerarios alternativos. No caso de que entre dous ou máis centros haxa itinerarios alternativos e un deles impli- que maior risco para o profesorado itinerante, poderá elixirse o percorrido máis longo en prol dunha maior seguridade, previa comunicación á Xunta de Persoal. A Xunta de Persoal poderá desautorizar este itinerario alternativo. Os centros educativos realizarán os pagamentos, como máis tarde, no mes seguinte a producirse os desprazamentos. Sétimo.- Transformación dunha praza en itinerante A transformación dunha praza ordinaria en praza de itinerante ou o incremento nun cin- cuenta por cento ou máis da itinerancia dará dereito ao persoal titular da mesma a pasar á situación de suprimido ou suprimida ou a permanecer con destino definitivo na praza. Oitavo.- Protección da saúde e prevención de riscos laborais Por mor da especial función do profesorado itinerante, a Consellería de Educación e Orde- nación Universitaria, impartirá formación específica sobre prevención de riscos laborais.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=