Acordo sobre as condicións de traballo do profesorado itinerante
Primeiro.- Obxecto e ámbito de aplicación Teñen a consideración de profesorado itinerante os funcionarios e funcionarias e o per- soal laboral docentes dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Univer- sitaria que desempeñen postos de traballo que comprenden máis dun centro educativo ubicados en distinta localidade e que implican desprazamentos habituais dende un centro base ata outro ou outros centros públicos nos que imparten docencia ou realizan actuacións de atención directa co alumnado. En todo caso considérase profesorado itinerante o que imparte docencia nos Colexios Rurais Agrupados e as orientadoras e orientadores que teñan centros adscritos ou pres- ten servizos en centros compartidos. Aos efectos de determinar a localidade na que están ubicados os centros educativos considerarase a que figura na rede de centros da Consellería de Educación e Ordena- ción Universitaria. Segundo.- Horarios Os principios que guiarán a elaboración dos horarios do profesorado que desempeña postos de carácter singular itinerante serán a adecuada atención do alumnado e o máximo aproveitamento de recursos. Na elaboración dos horarios deste profesorado terase en conta unha compensación horaria lectiva semanal, conforme á seguinte táboa: – Ata 50 Km: 2 horas. – Desde 51 Km ata 100 Km: 3 horas. – Desde 101 Km ata 150 Km: 4 horas. – Máis de 150 Km: 5 horas. Excepcionalmente, en función da orografía galega e da infraestructura viaria na que se atopen os centros nos que se itinera, ou cando a distancia a percorrer supere os 200 Km, as Xuntas de Persoal poderán establecer, ademais, unha compensación horaria de ata dúas horas de horario lectivo. A xornada lectiva do profesorado que desempeñe postos de carácter singular comezará na localidade que corresponda en función do horario establecido. Os centros confeccionarán os horarios de tal xeito que o profesorado itinerante realice os menores desprazamentos posibles nun mesmo día, sen que teña que atender, como norma xeral, máis de tres centros diariamente. Asemade, deberá preverse que os des- prazamentos se reduzan o máis posible e a atención aos centros situados na mesma ruta, se realice, preferentemente de forma sucesiva, da máis afastada á máis próxima, evitando deste xeito desprazamentos innecesarios. Para a aplicación dos criterios establecidos neste epígrafe, a Inspección Educativa dará as instrucións oportunas aos centros educativos implicados. Terceiro.- Características dos postos de traballo itinerantes Os postos de traballo itinerantes serán de aceptación voluntaria para os funcionarios e funcionarias docentes. A distancia entre o centro de destino e os centros aos que o profesorado se ten que desprazar non superará, con carácter xeral, os 35 Km. En casos excepcionais poderán sobrepasarse co acordo da correspondente Xunta de Persoal.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=