Acordo de persoal interino e substituto

Anpe | 3 CONSELLERÍA EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade do Acordo entre a Consellería de Cultura, Edu- cación e Ordenación Universitaria e as organizacións sindicais ANPE, CC.OO ., CSI.F e FETE-UGT polo que se modifica o punto vixésimo primeiro, se engade un novo punto vixésimo segundo e se engade un punto 5 á disposición adicional primeira do texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia que imparte ensinanzas distintas das universitarias (publicado pola Resolución do 28 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, Diario Ofi- cial de Galicia número 131, do 11 de xullo). O 9 de abril de 2019 a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profe- sional e as organizacións sindicais ANPE, CC.OO ., CSI.F e FETE-UGT acordaron unha modificación da disposición adicional primeira do Acordo do 20 de xuño de 1995 sobre o acceso á función pública docente en calidade de profesor interino e subs- tituto (texto refundido polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente da Consellería de Cultura, Educa- ción e Ordenación Universitaria que imparte ensinanzas distintas das universitarias, publicado pola Resolución do 28 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, Diario Oficial de Galicia núm. 131, do 11 de xullo). Así mesmo, o 19 de xullo de 2019 a Consellería de Educación, Universidade e For- mación Profesional e as organizacións sindicais ANPE, CC.OO ., CSI.F e FETE-UGT acordaron unha modificación que engade un novo punto vixésimo segundo e unha modificación do punto vixésimo primeiro e da disposición transitoria única do Acordo do 20 de xuño de 1995 sobre o acceso á función pública docente en calidade de profesor interino e substituto (texto refundido polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que imparte ensinan- zas distintas das universitarias, publicado pola Resolución do 28 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, Diario Oficial de Galicia núm. 131, do 11 de xullo). Con base no disposto polo artigo 38 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, procede ordenar a publicación da citada modificación no Diario Oficial de Galicia. Por todo o dito,

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=