Adscrición funcional e xornada laboral do profesorado galego
www.anpegalicia.es XORNADA LABORAL DO PROFESORADO GALEGO ORDE de 23 de xuño de 2011 pola que se regula a xornada de traballo do persoal funcionario e laboral docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (Modificada con posterioridade pola ORDE do 4 de xuño de 2012) DOG 30 xuño 2011 e DOG 13 de xuño de 2012 Artigo 1. Obxecto. O obxecto da presente orde e regular a xornada de traballo dos funcionarios docentes pertencen- tes aos corpos regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación e do persoal laboral docente. Artigo 2. Ámbito de aplicación. A presente orde é de aplicación ao persoal funcio- nario docente e ao persoal laboral docente depen- dente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Artigo 3. Xornada semanal do persoal fun- cionario e persoal laboral que imparte as ensinanzas de educación infantil e primaria e educación especial. 1. A xornada semanal do persoal funcionario do- cente e persoal laboral que imparte as ensinan- zas de educación infantil, educación primaria e educación especial será de trinta e sete horas e media, das cales dedicaranse trinta horas ás actividades do centro con presenza no mesmo. Das ditas horas, 25 terán carácter lectivo, a ra- zón de cinco horas diarias, de luns a venres. 2. Computarán como horario lectivo as gardas, as gardas de recreo e as gardas para custodiar ao alumnado no período de tempo que transcorre desde a chegada do alumnado transportado e o inicio da actividade lectiva e desde que rematan as actividades escolares ata a saída do transporte escolar. 3. A nivel de transporte escolar o número de persoal docente de garda será de un por cada cincuenta alumnos ou fracción. Nos períodos de lecer as ratios serán as establecidas na Orde do 22 de xullo de 1997, pola que se regulan determinados aspectos de organización e fun- cionamento das escolas de educación infantil e primaria dependentes da Consellería de Educa- ción e Ordenación Universitaria. Artigo 4. Xornada semanal do persoal funcio- nario e persoal laboral que imparte as ensi- nanzas de educación secundaria, ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas. 1. A xornada semanal do persoal funcionario e laboral docente que imparte as ensinanzas de educación secundaria obrigatoria, programas de cualificación profesional inicial, bacharelato, formación profesional específica, ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas será de trinta e sete horas e media, das cales dedicarán trinta ás actividades do centro con presenza nel. Des- tas 30 horas semanais, 23 serán de horario fixo no centro educativo. Destas 23 horas, 20 terán carácter lectivo e as tres restantes distribuiranse entre dúas gardas e unha hora de titoría de pais e alumnos. 2. Nos centros en que proceda, nas horas de garda incluiranse as gardas de recreo e para custodiar o alumnado no período de tempo que transco- rre desde a chegada do alumnado transporta- do e o inicio da actividade lectiva e desde que rematan as actividades escolares ata a saída do transporte escolar. 3. As reunións dos departamentos didácticos fa- ranse como mínimo unha vez ao mes, logo da convocatoria da xefatura do departamento. As ditas reunións terán omesmo carácter que as do claustro de profesores e computaranse dentro das sete horas complementarias non fixas. Artigo 5. Outras actividades computables como lectivas. Nas ordes que desenvolvan os regulamentos orgá- nicos dos centros complementarase a regulación da xornada de traballo do persoal docente e determi- narase que as funcións directivas e outras activida- des teñen a consideración de lectivas, fixándose o número de horas ou sesións lectivas computables por esas actividades. Artigo 6. Horario non lectivo. O horario de dedicación directa ao centro que non corresponda a tarefas lectivas destinarase, entre outras, a actividades relacionadas coas titorías e orientación do alumnado, titorías de pais e nais, gardas cando non teñan o carácter de lectivas, reunións de equipos de ciclo, departamento, se- sións de avaliación, dinamizacións, participación en reunións de órganos colexiados e reunión para a elaboración ou modificación de documentos de planificación e para a súa avaliación. Artigo 7. Horario semanal de non obrigada permanencia no centro. O resto da xornada semanal –sete horas e me- dia– de non obrigada permanencia no centro, destinarase ao perfeccionamento e á formación, á preparación de actividades docentes e á atención doutras actividades inherentes á función docente. Artigo 8. Forma de complementar o horario lectivo. O persoal docente en cuxo centro non existira hora- rio lectivo completo da súa especialidade docente ou de materia para a que teña competencia do- cente, poderá optar por completar a súa xornada lectiva noutro centro da localidade, de acordo coa dita especialidade ou competencia docente, ou no propio centro, impartindo materias afíns á mesma. Disposición derrogatoria. Queda derrogada a Orde do 1 de setembro de 1987 pola que se adecúa a xornada de traballo dos funcionarios docentes que imparten ensinanzas básicas, medias, artísticas e de idiomas e aquelas normas de igual ou inferior rango que se opoñan ao establecido nesta orde. ANPE GALICIA Centro de Negocios Compostela Norte Rúa Xosé Chao Rego, 8 - baixo 15705 Santiago de Compostela 981 552 393 galicia@anpe.es ANPE CORUÑA Rúa Fernando Macías, 10 - 1.º A 15004 A Coruña 981 271 915 acoruna@anpe.es ANPE CORUÑA - Sede Santiago Centro de Negocios Compostela Norte Rúa Xosé Chao Rego, 8 - baixo 15705 Santiago de Compostela 981 552 393 · galicia@anpe.es ANPE LUGO San Roque, 94-98 - Entpla. Esq. 27002 Lugo 982 227 912 lugo@anpe.es ANPE OURENSE Progreso, 83 - 1.º D 32004 Ourense 988 255 852 ourense@anpe.es ANPE PONTEVEDRA-VIGO República Argentina, 10 - Entr. ofic. 3 36201 Vigo - Pontevedra 986 437 043 pontevedra@anpe.es
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=