Adscrición funcional e xornada laboral do profesorado galego
Grupos proxecto Abalar e bilingües 1. Os grupos nos que se estea a desenvolver o proxecto Abalar, as seccións bilingües e os que se impartan en lingua estranxeira en aplica- ción do establecido no Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, serán asignados ao persoal docente do corpo de mestres que fora formado especificamente pola Administración educativa ou estea en posesión de titulación, experiencia ou formación adecuada. 2. Nos restantes grupos, no caso de non acadar o consenso do profesorado, a xefatura de estudos fará a proposta sobre os seguintes criterios: a) Respectar, en todo caso, o posto e traballo e/ou a especialidade que cada persoal do- cente do corpo de mestres teña asignado pola súa adscrición ao centro. b) Respectar o dereito de cada grupo de alumnos e alumnas a manter o mesmo titor durante todo o ciclo, incluíndo o 2º ciclo da educación infantil. c) No suposto de que nun centro haxa varios mestres ou mestras aspirantes ao mesmo ciclo ou curso, a proposta de adscrición farase de acordo coa seguinte orde de prioridades: 1. Maior antigüidade ininterrompida, con destino definitivo, no centro. 2. Maior número de anos de servizos efec- tos como persoal docente de carreira do corpo de mestres. 3. Promoción de ingreso máis antiga. 4. Maior puntuación obtida no procede- mento selectivo de ingreso ao corpo. 3. Excepcionalmente, cando a xuízo do equipo directivo existisen razóns pedagóxicas sufi- cientes para obviar o criterio de permanencia comesmo grupo de alumnos no ciclo, ademais das previstas no punto 1 deste punto, a direc- ción disporá a asignación do persoal docente afectado a outro ciclo, curso, área ou actividade docente, oído o persoal interesado e o claustro, e coa conformidade da inspección educativa. 4. Os centros realizarán os axustes horarios ne- cesarios e terán en conta a estrutura física do centro para facilitar a sincronización nos cam- bios de clase e o menor desprazamento do profesorado. Cando as instalacións do centro o permitan, pode terse en conta a posibilidade de que as especialidades se impartan nunha dependencia determinada. 5. As direccións dos centros enviarán ao servizo de inspección, no prazomáximo de cinco días, copia da acta do claustro no que se realice a adscrición. 6. A aprobación provisional dos horarios do per- soal docente corresponde á dirección do centro. Adscrición en educación infantil e primaria Adscrición funcional nas ensinanzas de educa- ción infantil e primaria. a) A dirección do centro por proposta motivada da xefatura de estudos, no primeiro claustro do curso e unha vez oído este, asignaralle ciclo, curso e grupo de alumnado a cada un do persoal docente do centro. b) A proposta da xefatura de estudos construi- rase sobre as premisas seguintes: c) Correcto funcionamento do proxecto Aba- lar, das seccións bilingües e das áreas que se impartan en lingua estranxeira e outros proxectos establecidos ou que se establezan. d Prestarlle a mellor atención posible ás nece- sidades do alumnado do centro. e) Rendibilizar ao máximo o capital humano dispoñible, actualizando o potencial creati- vo do grupo de persoal docente do colexio. f) Consensualizar a proposta facilitando o contraste de pareceres e a concorrencia de capacidades e esforzos. Competencias e reclamacións O persoal interesado poderá reclamar ante a Inspección de Educación no prazo de dez días naturais. A aprobación definitiva corresponde á Inspec- ción de Educación. A Inspección educativa resolverá no prazo de 20 días a partir da recepción dos horarios e, se é o caso, proporá á xefatura territorial a adopción das medidas oportunas. Contra a resolución da Ins- pección educativa, o persoal docente do corpo de mestres poderá interpor recurso de alzada diante da xefatura territorial correspondente no prazo dun mes a contar desde o día seguinte da adscri- ción. A resolución da xefatura territorial porá fin a vía administrativa. A interposición do recurso non paralizará a execución da resolución impugnada. PRIMARIA PRIMARIA E SECUNDARIA Orde do 28 de xuño de 2010 pola que semodifi- can parcialmente as ordes do 1 de agosto de 1997, pola que se ditan instrucións para o desenvolve- mento do Decreto 324/1996, polo que se aproba o regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria e se establece a súa organización e funcionamento, do 22 de xullo de 1997, pola que se regulan determinados aspectos de organiza- ción e funcionamento das escolas de educación infantil, dos colexios de educación primaria e dos colexios de educación infantil e primaria depen- dentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e do 3 de outubro de 2000, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento do Decreto 7/1999, polo que se implantan e regulan os centros públicos integrados de ensinanzas non universitarias. (DOG 06/07/2010) CENTROS INTEGRADOS ORDE do 29 de xullo de 2011 pola que se desenvolve o Decreto 77/2011, do 7 de abril, polo que se establece o Regulamento orgánico dos centros integrados de formación profesional competencia da Consellería de Educación e Orde- nación Universitaria. (DOG 08/08/2011) CONSERVATORIOS DE MÚSICA E DANZA ORDE do 4 de agosto de 2011 pola que se desenvolve o Decreto 223/2010, do 30 de decem- bro, polo que se establece o Regulamento orgánico dos conservatorios elementais e profesionais de música e de danza da Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG 18/08/2011) ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS ORDE do 5 de agosto de 2011 pola que se desenvolve o Decreto 189/2010, do 11 de novem- bro, polo que se establece o Regulamento orgáni- co das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia, e se regula a organización e o acceso ás ensinanzas de idiomas de réxime espe- cial. (DOG 18/08/2011) ESCOLAS DE ARTE E SUPERIORES DE DESEÑO ORDE do 8 de agosto de 2011 pola que se desen- volve o Decreto 61/2011, do 24 de marzo, polo que se establece o Regulamento orgánico das escolas de arte e superiores de deseño da ComunidadeAutóno- ma de Galicia. (DOG 18/08/2011) NORMATIVA
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=