Adscrición funcional e xornada laboral do profesorado galego
Criterios para a distribución de grupos Dentro de cada departamento o criterio básico para a distribución de grupos será a atención ás necesidades pedagóxicas do alumnado. Con esta finalidade a elección realizarase do seguinte xeito: a) Elixiranse en primeiro lugar os grupos de alumnado nos que se estean a desenvolver o proxecto Abalar, as seccións bilingües, as materias que se impartan nunha lingua es- tranxeira en aplicación do establecido no decreto para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, e calquera outro que resulte dos criterios pedagóxicos establecidos polo claustro, polo profesorado que fora for- mado especificamente pola Administración educativa para tal fin ou acredite estar en po- sesión de titulación, experiencia ou formación adecuada. A prioridade na elección limítase aos grupos mencionados neste parágrafo e cando existan varias persoas que reúnan os requisitos, seguirase a orde de prioridade establecida nos puntos e epígrafes seguintes. Así mesmo, para a elección dos restantes gru- pos seguirase a orde de prioridade establecida no puntos e epígrafes seguintes. b) Sen prexuízo do establecido no punto anterior, deberase garantir que o persoal docente per- tencente ao corpo de mestres completa o seu horario entre o primeiro e o segundo curso de educación secundaria obrigatoria. c) Efectuada a elección prevista nas epígrafes a) e b) é conveniente que a elección dos restantes grupos se realice con criterios de equidade e mutuo acordo. No caso de non darse este acor- do a elección realizarase da seguinte forma: 1º En primeiro lugar elixirá o profesorado con destino definitivo no centro. 2º En segundo lugar elixirá o profesorado con destino provisional no centro. 3º Naqueles institutos nos que se impartan ensinanzas ao alumnado en dúas ou máis quendas, o profesorado de cada un dos departamentos acordará en que quenda desenvolverá a súa actividade lectiva. No suposto de que algún persoal do- cente non poida cumprir a totalidade do seu horario na quenda correspondente, deberá completalo noutra; neste caso ambas quendas serán consecutivas, se no instituto houbera máis de dúas. Se os profesores do departamento non chega- sen a un acordo, procederase á elección de quenda na orde establecida no punto seguinte destas instrucións. 4º Unha vez distribuídas as quendas, o profe- sorado irá elixindo dentro de cada unha, en sucesivas roldas e na mesma orde de pre- lación que se utilizou para elixir quenda, un grupo de alumnado da área ou materia oumódulo e curso que desexe impartir ata completar o horario lectivo dos membros do departamento ou ata que se rematen as horas lectivas asignadas ao departamento. 5º No caso de que houber máis horas lectivas asignadas ao departamento que as que poden cubrir os horarios lectivos dos seus membros, antes de proceder á elección de grupos de alumnado, determinarase que áreas e/ou materias ou cursos van ser im- partidos, ben por outros profesores como afíns, ben por persoal docente interino, co fin de que non entren na citada elección. A este respecto débese ter en conta que un profesor ou profesora especialista non poderá elixir cursos inferiores se quedasen os superiores para profesorado de afíns ou para persoal docente interino. 6º Ningún persoal docente poderá elixir hora- rio de disciplinas afíns en canto non estean totalmente cubertas todas as horas do seu propio departamento, agás o profesorado que se formou e está a impartir na actuali- dade determinados módulos profesionais. Aprobación dos criterios pedagóxicos para a elaboración dos horarios do alumnado Na primeira semana de setembro ou, se as cir- cunstancias organizativas do centro así o requi- ren, dentro das 48 horas seguintes á finalización do prazo extraordinario de matrícula, a direc- ción convocará o primeiro claustro do curso no que se aprobarán os criterios pedagóxicos para a elaboración dos horarios do alumnado, en cumprimento do establecido no artigo 47 f) do Regulamento orgánico dos institutos de educa- ción secundaria. Entre estes criterios recolleranse necesariamente, se é o caso, o funcionamento do proxecto Abalar, as seccións bilingües e as ma- terias que se impartan en linguas estranxeiras en aplicación do establecido no capítulo IV do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilin- güismo no ensino non universitario de Galicia, e a impartición dos módulos profesionais da formación profesional polas persoas con maior preparación específica nestes. No mesmo claustro, a xefatura de estudos co- municará ás xefaturas de departamento o nú- mero de grupos de alumnado que corresponde a cada área, materia e módulos. Distribución de áreas, materias, cursos, módulos e quendas entre o persoal Inmediatamente despois do citado claustro reuniranse os distintos departamentos en sesión extraordinaria para distribuír áreas, materias, cursos, módulos e, se é o caso, quendas entre o persoal que forma parte destes de acordo cos cri- terios establecidos nestas instrucións. De todas as circunstancias e acordos que se produzan na dita reunión levantarase acta que será asinada por todos os membros que constitúan nese mo- mento cada departamento. Ao final da reunión cada departamento entregará copia da acta á xefatura de estudos. Cando unha persoa teña que elixir horario en máis dunha quenda, elixirá en cada unha delas na orde que lle corresponda en aplicación do establecido nos puntos seguintes desta orde. Elaboración de horarios do alumnado e profesorado Á vista da distribución de cursos, materias, áreas e módulos feita por cada departamento a xefa- tura de estudos, coa axuda do resto do equipo directivo, procederá a elaborar os horarios do alumnado e profesorado, respectando os crite- rios pedagóxicos establecidos polo claustro e os recollidos nestas instrucións. Orde de elección Cando for o caso, a orde de elección será o seguinte: 1. Persoal que accedeu ao centro en virtude de procedementos de provisión de postos de tra- ballo convocados con anterioridade á entrada en vigor do Decreto 140/2006, do 31 de agosto: a) O catedrático/a máis antigo/a no corpo. b) Persoal docente con maior número de anos de servizo efectivo como funcionario ou funcionaria de carreira nos corpos do- centes con competencia docente no nivel educativo, con destino definitivo no centro. c) Persoal docente conmaior antigüidade con destino definitivo na praza. d) O ano máis antigo de ingreso no corpo. e) A pertenza ao corpo de catedráticos. f) A maior puntuación obtida no procede- mento selectivo de ingreso no corpo. 2. Persoal que accedeu ao centro en virtude de procedementos de provisión de postos de traballo convocados con posterioridade á entrada en vigor do Decreto 140/2006, do 31 de agosto: a) Persoal docente conmaior antigüidade con destino definitivo na praza. b) Persoal docente con maior número de anos de servizo efectivo como funcionario ou fun- cionaria de carreira nos corpos docentes con competencia docente no nivel educativo. c) O ano máis antigo de ingreso no corpo. d) A pertenza ao corpo de catedráticos. e) A maior puntuación obtida no procede- mento selectivo de ingreso no corpo. 3. No suposto de que non existise persoal do cor- po de catedráticos que accedese ao centro por un procedemento de provisión convocado con anterioridade á entrada en vigor do Decreto 140/2006, do 31 de agosto, terá prioridade na elección de horarios un catedrático ou catedrá- tica que accedese ao centro por un procede- mento de provisión convocado posteriormente. SECUNDARIA
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=