Manual do profesorado galego

96 En que consiste o permiso de lactación? Ten dúas modalidades: •  Unha (1) hora de ausencia do posto de traballo que pode dividirse en dúas fraccións. •  Ou ben, substituílo por unha redución de xornada: de media hora ao inicio e ao final da xornada, ou unha hora ao inicio ou ao final da xornada. Poderá acumularse total ou parcialmente en xornadas completas, ata un máximo de catro semanas. De conformidade co establecido no artigo 7.4 da Orde do 29 de xaneiro de 2016, cando se goce do permiso de lactación por xornadas completas, tenderase a que estas xornadas sexan, como mínimo, de dúas semanas continuadas. Cando non se produza a acumulación en xornadas completas, no casos de conflito entre os dereitos do alumnado e do profesorado, como se terá que gozar o permiso de lactación? No horario complementario fixo ou de obrigada permanencia no centro. O gozo deste permiso de lactación terá que realizarse inmediatamente despois das vinte e dúas semanas do permiso por nacemento da nai biolóxica ou do doutro proxe- nitor distinto da nai biolóxica? Non, sempre que se goce con anterioridade a que o fillo ou filla cumpra os doce meses. De conformidade coa Orde do 29 de xaneiro de 2016, en todo o relativo a permisos e licenzas, equipárase a unión de feito ao matrimonio e o convivente ao cónxuxe? Si, se se produciu a inscrición nun rexistro oficial de parellas de feito. No caso do permiso retribuído por falecemento, os días de gozo deberán ser conse- cutivos e inmediatamente posteriores ao feito que xera o dereito a el? Si, tendo en conta que os días son hábiles. Por outra parte, a Sentenza do Tribunal Supremo 257/2020 establece que os permi- sos deben iniciarse en día laborable. Nos supostos dos permisos retribuídos por falecemento, accidente ou enfermidade grave, hospitalización ou intervención cirúrxica dun familiar, computarase sempre o día do feito causante? Non. Computarase unicamente cando a persoa non preste servizos ese día e lle correspondese prestalos.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=