Manual do profesorado galego

95 •  Cando se trate de familia monoparental. Este suposto non está recollido na Lei 2/2015, do 29 de abril, pero parece razoable que se aplique neste caso tamén, toda vez que é unha única persoa a que se fará cargo do fillo ou filla. A persoa titular do permiso do proxenitor diferente da nai biolóxica por nacemento, poderá cederlle unha parte deste á nai biolóxica? Non. O persoal funcionario interino ou substituto que non estivese prestando servizos e reunise os requisitos para estar gozando dos permisos por nacemento da nai bio- lóxica, por adopción, por garda con fins de adopción, ou acollemento, tanto temporal como permanente, por lactación dun fillo menor de doce meses ou dunha licenza por risco no embarazo ou durante o período de lactación natural terá dereito a ser chamado para as interinidades e substitucións que lle correspondan? Si. Tomará posesión coa finalidade de que os servizos que lle correspondería prestar lle sexan recoñecidos para os efectos administrativos e os económicos cando non tivese dereito ás prestacións correspondentes. No suposto de que no momento da finalización do permiso estivese vixente o nomea- mento de interinidade ou substitución, terá dereito a optar pola incorporación á praza. En caso contrario, cesará nela tamén para os efectos administrativos. Poderá tamén tomar posesión coa pretensión de solicitar a excedencia por coidado de familiar regulada no artigo 176 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Que persoal funcionario terá dereito ao permiso de lactación dun fillo ou filla menor de doce meses? A nai biolóxica e o outro proxenitor diferente da nai biolóxica. Nos supostos de adopción, garda con fins de adopción ou acollemento, terase dereito a este permiso de lactación? Si. Neste caso o permiso por lactación pode exercerse durante o ano seguinte á efectividade da resolución xudicial ou administrativa de adopción, garda con fins de adopción ou acollemento, sempre que no momento desa efectividade o menor non cumprira os doce meses. Pode transferirse o exercicio deste permiso de lactación ao outro proxenitor? Non.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=