Manual do profesorado galego

94 Cal é a duración do permiso por adopción, garda con fins de adopción ou acollemento, na Comunidade Autónoma de Galicia? Vinte e dúas semanas. Artigo 122.1 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. É obrigatorio gozar a tempo completo algún período deste permiso de adopción, garda con fins de adopción ou acollemento? Si. Seis semanas deberán gozarse a xornada completa de forma obrigatoria e ininte- rrompida inmediatamente despois da resolución xudicial pola que se constitúe a adop- ción ou ben da decisión administrativa de garda con fins de adopción ou acollemento. Teñen dereito os dous proxenitores a este permiso de adopción? Si. Se non traballan os dous proxenitores, como debe gozarse este permiso? De forma ininterrompida. Se fose necesario o desprazamento previo dos proxenitores ao país de orixe do adop- tado, a que se terá dereito? A un permiso de ata tres meses de duración, fraccionables por elección da persoa titular do dereito, percibindo durante ese período exclusivamente as retribucións básicas. Artigo 123.1 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Nos casos de adopción ou acollemento internacional, pode adiantarse o goce do permiso? Si. Pode iniciarse ata catro semanas antes da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción ou a decisión administrativa ou xudicial de acollemento. En que supostos o persoal empregado público que estea gozando do permiso da nai biolóxica por nacemento ou por adopción, ou por garda con fins de adopción, ou aco- llemento, tanto temporal como permanente, pode facer uso do permiso do proxenitor diferente da nai biolóxica por nacemento, garda con fins de adopción, acollemento ou adopción dun fillo ou filla? •  Cando a persoa titular do dereito falecese con anterioridade a utilización íntegra do permiso. •  Se a filiación do outro proxenitor non estivese determinada. •  Cando na resolución xudicial ditada en proceso de nulidade, separación ou divor- cio, iniciado con anterioridade á utilización do permiso, se lle recoñecese á persoa que estea gozando del a garda do fillo ou filla.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=