Manual do profesorado galego

93 Este permiso da nai biolóxica por nacemento, amplíase no caso de partos prematuros e naqueles nos que, por calquera outra causa, o neonato deba permanecer hospitali- zado a continuación do parto? Si. Tantos días como o neonato se encontre hospitalizado, ata un máximo de trece semanas adicionais. A nai biolóxica poderá cederlle unha parte deste permiso ao outro proxenitor? Non. No caso de falecemento da nai, poderá gozar do permiso da nai biolóxica por nace- mento o outro proxenitor? Si. Descontarase, se é o caso, o período de duración do permiso consumido pola nai falecida. No suposto de falecemento do fillo ou filla, redúcese a duración deste permiso da nai biolóxica por nacemento? Non, agás que unha vez rematadas as seis semanas de descanso obrigatorio, se solicite a reincorporación ao servizo activo. Que se requirirá para o gozo deste permiso de forma interrompida? Ademais de que traballen os dous cónxuxes, un aviso previo de polo menos 15 días e realizarase por semanas completas. Deste permiso da nai biolóxica por nacemento pode facerse uso a xornada parcial? Si. Pode gozarse a tempo completo ou a tempo parcial, en réxime de media ou un terzo da xornada. Cando o permiso se goza a tempo parcial, a súa duración ampliarase proporcional- mente en función da xornada de traballo que se realice. Gozar deste permiso a tempo parcial pode solicitarse con posterioridade ao inicio deste? Si. Pode solicitarse tanto ao inicio como nun momento posterior e poderase estender a todo o período da súa duración ou a unha parte. Durante o período de gozo da nai biolóxica deste permiso por nacemento poderase participar en cursos de formación que convoque a Administración? Si, unha vez finalizado o período de descanso obrigatorio. Artigo 121.7 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=