Manual do profesorado galego

92 LICENZAS E PERMISOS ORDE DO 29 DE XANEIRO DE 2016 POLA QUE SE REGULA O RÉXIME DE PERMISOS, LICENZAS E VACACIÓNS DO PERSOAL DOCENTE QUE IMPARTE AS ENSINANZAS REGULADAS NA LEI ORGÁNICA 2/2006, DO 3 DE MAIO, DE EDUCACIÓN A orde do 29 de xaneiro de 2016, que regula o réxime de permisos, licenzas e vaca- cións do persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na LOE, é de aplicación ao profesorado de Relixión? Si. Hai un permiso retribuído para o persoal funcionario e docente e laboral en estado de xestación? Si, a partir do día primeiro da semana 37 de embarazo e ata a data do parto. No suposto de xestación múltiple, este permiso poderase iniciar o primeiro día da semana 35 de embarazo e ata a data do parto. No caso do permiso da nai biolóxica por nacemento, para que a nai poida gozar do permiso de xeito interrompido, é necesario que traballen os dous cónxuxes? Si. Artigo 121.3 da Lei 1/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Cal é a duración do permiso da nai biolóxica por nacemento na Comunidade Autónoma de Galicia? Vinte e dúas semanas. En canto se ampliará este permiso de vinte e dúas semanas no caso de discapacidade do fillo ou filla? Unha semana. Tamén se ampliará nunha semana o permiso do outro proxenitor dife- rente da nai biolóxica. En canto se ampliará este permiso de vinte e dúas semanas por partos múltiples? Unha semana máis por cada fillo/a a partir do segundo. Tamén se ampliará unha semana máis por cada fillo/a o permiso do outro proxenitor diferente da nai bio- lóxica.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=