Manual do profesorado galego

91 Pode concederse o intercambio provisional de prazas entre persoas de distinta espe- cialidade? Non. O artigo 2.1b) da Orde do 17 de xuño de 2017 dispón que será necesario que a praza corresponda á mesma especialidade. Existen límites temporais para os intercambios provisionais? Con carácter xeral resolveranse favorablemente aquelas solicitudes que cumpren cos requisitos establecidos e que non excedan de tres anos, e non causen graves prexuízos a terceiras persoas interesadas. Pola súa vez, as solicitudes de persoas que xa gozaron de tres anos de intercambio provisional das prazas de destino e aquelas que impliquen a máis de dúas persoas resolveraas a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos, logo do informe da comisión de valoración. Pódese conceder o intercambio provisional entre persoal funcionario con destino definitivo e outro con destino provisional? Si, así o establece o artigo 7.1c) da Orde do 17 de xuño de 2017. Pódese conceder o intercambio provisional entre unha persoa do corpo de catedrá- ticos da escola oficial de idiomas e unha persoa do corpo de profesores de escolas oficias de idiomas? Si, o artigo 2.3 da Orde do 17 de xuño de 2017 determina que se considera o mesmo corpo: a) O corpo de catedráticos/as de ensino secundario e o corpo de profesores/as de ensino secundario. b) O corpo de catedráticos/as de escolas oficiais de idiomas e o corpo de profesores/ as de escolas oficiais de idiomas. c) O corpo de catedráticos/as de Artes Plásticas e Deseño e os profesores/as de Artes Plásticas e Deseño. Teño concedida unha comisión de servizos por motivos de saúde. Podo solicitar un intercambio provisional? Non, o artigo 2.2 da Orde do 17 de xuño de 2017 establece que non poderá conce- derse un intercambio provisional de postos de traballo ao persoal funcionario docente que desempeñe o posto de traballo en réxime de comisión de servizos.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=