Manual do profesorado galego

90 Teño que presentar algunha documentación? Non, só é necesario a presentación da solicitude por medios electrónicos no proce- demento código ED002A. As persoas que solicitamos o intercambio provisional temos que cubrir unha soa solicitude? Non, debe haber tantas solicitudes como persoas interesadas existan en intercambiar a praza. Na solicitude temos que facer constar os datos da persoa coa que queremos solicitar o intercambio de praza. Para solicitar un intercambio provisional de prazas, teñen que ser ineludiblemente dous docentes ou poden ser máis? Poden ser máis. O artigo 2 da Orde do 17 xuño de 2017 establece que poderán solici- tar o intercambio provisional de prazas dúas ou máis persoas funcionarias de carreira, en prácticas ou interinas, en servizo activo. Poderíase solicitar un intercambio provisional de prazas co destino que teña unha persoa que está nun CFR? Non. O artigo 2.1c) da Orde do 17 de xuño de 2017 determina que é preceptivo que as persoas terán que desempeñar a súa función docente no centro educativo durante o curso académico para o que se solicita o intercambio provisional. Cal é o prazo de solicitude? O prazo de presentación de solicitudes para o persoal obrigado a participar no con- curso de adxudicación de destinos provisionais é o seguinte: a) Dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación da resolución de adxu- dicación definitiva de destinos provisionais na páxina web da consellería. b) Catro (4) días hábiles desde o día 1 de setembro. A resolución de autorización de intercambio provisional de praza terá efectos administrativos da data en que se dite e efectos económicos do día 1 de outubro. Neste segundo prazo soamente poderán formular a solicitude de intercambio provisional de praza as persoas que non participasen no prazo establecido no parágrafo anterior. O prazo para as persoas que non estean obrigadas a participar no concurso de adxu- dicación de destinos provisionais do curso académico correspondente é o seguinte: desde o día 15 de xullo ata o 31 de xullo.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=