Manual do profesorado galego

89 INTEGRACIÓN TOTAL OU PARCIAL OU CAMBIO DE ENSINANZAS DESDE UN CENTRO A OUTRO No caso de integración total ou parcial ou cambio de ensinanzas dun centro a outro, o persoal docente con destino definitivo poderá optar entre trasladarse ao centro que vai o alumnado ou quedar na situación de suprimido? Non. De existir vacante ou no caso no que esa integración ou cambio orixine vacante no centro receptor das ensinanzas, quedarán adscritos definitivamente no novo centro. E se non hai nin se orixina vacante no centro receptor das ensinanzas? Neste caso o persoal docente con destino definitivo poderá optar por quedar como persoal suprimido ou con destino definitivo no centro receptor das ensinanzas. Neste último suposto, este persoal, de ser o caso, será desprazado por falta de horario e deberá participar obrigatoriamente nos concursos de traslados ata a obtención dun novo destino definitivo. O persoal docente que por mor da integración total ou parcial ou cambio de ensi- nanzas dun centro a outro obteña destino no centro receptor das ensinanzas que antigüidade terá no novo centro de destino? Manterá, para todos os efectos, a antigüidade que posuía no centro de orixe. INTERCAMBIOS PROVISIONAIS DE PRAZAS DO PERSOAL DOCENTE QUE IMPARTE AS ENSINANZAS REGULADAS NA LEI ORGÁNICA 2/2006, DO 3 DE MAIO, EN CENTROS DEPENDENTES DA CONSELLERÍA COMPETENTE EN MATERIA DE EDUCACIÓN. PROCEDEMENTO CÓDIGO ED002A É obrigatoria a presentación electrónica da solicitude? Si. O artigo 3 da Orde do 17 de xuño de 2017 dispón que as solicitudes se presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do modelo oficial de solicitude segundo o anexo I que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/ ).

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=