Manual do profesorado galego

88 É preciso o pagamento dalgunha taxa para obter a habilitación? Non, unicamente se deberá pagar unha taxa se se solicita unha certificación de todas as materias nas que está habilitado/a obtidas nas diferentes convocatorias nas que se formulou unha solicitude. As instrucións para obter o certificado pode consultalas na páxina web www.edu . xunta.gal/habilitacions Posúo habilitacións de materias LOMCE. Teño que solicitar novamente as habilita- cións de LOMLOE? Non. As persoas que posuían unha resolución de habilitación de materias que mante- ñen no novo sistema LOMLOE a mesma denominación do anterior sistema educativo LOMCE non teñen que solicitar de novo a habilitación, xa que a habilitación perma- nece no novo sistema educativo. Ademais, estas persoas foron habilitadas de oficio nas novas materias LOMLOE segundo a correspondencia que se relaciona no anexo da Orde do 27 de maio de 2022 (DOG núm. 106 do 3 de xuño de 2022) e na corrección de erros efectuada (DOG núm. 111 do 10 de xuño de 2022).

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=