Manual do profesorado galego

7 ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA Que é información pública? Todos os contidos ou documentos, con independencia do seu formato ou soporte, que fosen elaborados ou adquiridos no exercicio das súas funcións pola Administración (*entre outros suxeitos previstos na lei). Como se formaliza o acceso á información pública? Preferiblemente mediante o modelo normalizado PR100A dispoñible na sede electró- nica da Xunta de Galicia. Hai que motivar a solicitude? A persoa solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á infor- mación. Con todo, poderá expoñer os motivos polos que solicita a información que poderán ser tidos en conta cando se dite a resolución. Existen límites para o acceso á información pública? Este dereito soamente se pode limitar naqueles casos en que así sexa necesario pola propia natureza da información en relación coa aplicación de dereitos constitucio- nalmente protexidos ou pola súa entrada en conflito con outros intereses protexidos (artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro). Quen resolve as solicitudes de información pública? No ámbito do sector público autonómico, a competencia para a resolución das soli- citudes de acceso corresponderalle á persoa titular da secretaría xeral, a secretaría xeral técnica, a dirección xeral ou a delegación territorial no caso da Administración xeral da comunidade autónoma, e á persoa titular dos órganos de goberno ou exe- cutivos das entidades instrumentais do sector público que posúan a información. Cal é o prazo de resolución? Un (1) mes desde a recepción da solicitude polo órgano competente para resolver. Transcorrido este prazo sen resolución, a solicitude entenderase desestimada.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=