Manual do profesorado galego

87 Teño que acreditar o coñecemento da lingua galega para impartir calquera ensinanza en centros docentes privados? Si. No caso de que as persoas estivesen contratadas por centros privados de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia e sexan trasladadas a centros privados da mesma titularidade nesta comunidade, disporán de tres anos desde a súa incorporación para acreditar a formación necesaria en lingua galega. Deste modo, obterán unha habilita- ción condicionada que expirará no prazo de tres anos desde o seu outorgamento no caso de non acreditar o coñecemento da lingua galega de conformidade co estable- cido pola Orde de 22 de xullo de 2020. É obrigatorio presentar a solicitude electronicamente? Si. O artigo 12 da Orde do 22 de xullo de 2020 establece que se presentarán obriga- toriamente por medios electrónicos mediante o procedemento normalizado código ED302B. Cal é o prazo de presentación de solicitudes? Os prazos de presentación de solicitudes da habilitación de cada ano natural serán os seguintes:  a) Do 10 de xaneiro ao 31 de xaneiro, ambos os dous incluídos.  b) Do 15 de marzo ao 31 de marzo, ambos os dous incluídos.  c) Do 1 ao 30 de xuño, ambos os dous incluídos.  d) Do 1 de setembro ao 15 de setembro, ambos os dous incluídos. Cando o último día do prazo sexa inhábil, o prazo entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Teño unha oferta dun centro privado para traballar e non teño habilitación e tampouco está aberto o prazo de presentación de solicitudes. Como debo proceder? Neste caso deberá poñerse en contacto coa xefatura territorial correspondente en función da provincia na que se atopa o centro no que vai a impartir para que se veri- fique se cumpre cos requisitos que se esixen para a impartición das ensinanzas. No suposto de cumprir con todos os requisitos esixidos, poderá comezar a traballar no centro educativo condicionado a que solicite a habilitación no vindeiro prazo. Existe algunha páxina web onde obter información sobre o proceso de habilitación? Si, na páxina web www.edu.xunta.gal/habilitacions Nesta mesma páxina ten ao seu dispor os teléfonos de contacto coas distintas uni- dades administrativas das xefaturas territoriais nas que se tramitan as solicitudes de habilitación.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=