Manual do profesorado galego

86 cia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería. Debe posuír 24 créditos universitarios oficiais para habilitarse ademais dunha titulación de licenciatura, enxeñaría, arquitectura ou grao dunha rama de coñecemento concreta. O ano pasado rematei un curso de verán de 2 créditos na universidade relacionado coa Bioloxía. Podería computar para habilitarme nesta materia? Non. Os créditos teñen que acreditarse nunha titulación universitaria oficial de modo que só se consideran aqueles que se cursan e superan nun título de licenciatura, enxeñaría, arquitectura, diplomatura, enxeñería técnica, arquitectura técnica ou grao así como nun título universitario oficial de máster ou nun doutoramento. É necesario que posúa unha oferta de traballo se quero habilitarme en formación profesional? Si, así o esixe o artigo 6.2 da Orde de 22 de xullo de 2020. Así mesmo, só se poderá habilitar nos módulos profesionais dos ciclos formativos que se impartan no centro. Se acredito 24 créditos universitarios oficiais de materias relacionadas co módulo profesional que solicito, poden habilitarme para a impartición do módulo? Non, para a formación profesional é preciso ter unha das titulacións que se relacionan no real decreto polo que se aproba o título para a impartición do módulo solicitado. No caso de que a titulación sexa xenérica, as ensinanzas conducentes á titulación alegada deben englobar todos os resultados de aprendizaxe do módulo profesional. Quero impartir o módulo profesional de Lingua Estranxeira nun ciclo formativo e a aplicación web non me permite solicitalo. Como me habilito? Neste caso poderán impartir os módulos profesionais de Lingua Estranxeira todas aquelas persoas que estean habilitadas para impartir a Lingua Estranxeira correspon- dente na educación secundaria obrigatoria e bacharelato. Son graduado en Lingua e Literatura Inglesa e posúo a habilitación para impartir en secundaria e bacharelato no meu centro. Agora precisan que imparta tamén a ensi- nanza en primaria. Podo habilitarme? Si, aínda que en primaria só poden impartir as persoas coa titulación de grao en Educa- ción Primaria, a normativa permite que, de modo excepcional, o profesorado que estea impartindo docencia das linguas estranxeiras en educación secundaria obrigatoria ou bacharelato poida impartir as ensinanzas das linguas estranxeiras respectivas na etapa de educación primaria, sempre que se trate do mesmo centro ou centros da mesma persoa titular. A impartición en educación secundaria das linguas estranxeiras acredi- tarase coa certificación da dirección do centro, co visto prace da inspección educativa.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=