Manual do profesorado galego

85 da docencia na educación secundaria obrigatoria, o bacharelato, a formación profe- sional e os ensinos de réxime especial se establecen as especialidades dos corpos docentes de ensino secundario. Polo tanto, no caso de que se supere só a primeira proba da fase de oposición da especialidade de Matemáticas, poderá obter a habilitación desta materia aínda que non posúa a titulación da rama de coñecemento requirida polo anexo do Real decreto 860/2010, do 2 de xullo, xa que mediante este procedemento de acreditación de cualificación específica soamente se esixe a superación da primeira proba da fase de oposición da especialidade sen que sexa esixible unha titulación determinada. En consecuencia, para obter a habilitación unicamente será preciso achegar a certifica- ción de que superou a primeira proba da fase de oposición, a formación pedagóxica e didáctica e o coñecemento da lingua galega. Son Graduado en Educación Infantil e superei a fase de oposición da especialidade de Primaria. Podo habilitarme para a impartición de Primaria? Si. O Real decreto 476/2013, do 21 de xuño, dispón que a superación da fase de opo- sición da especialidade correspondente, á que fan referencia os artigos 18 e seguin- tes do Regulamento de ingreso, accesos e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, aprobado polo Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, permitirá a habilitación daquelas persoas que así o acrediten. De conformidade con este real decreto, un graduado en Eduacación Infantil que supere a fase de oposición da especialidade de Primaria (isto é, a primeira proba e a segunda proba, a diferenza do que ocorría no caso anterior no que era suficiente con acreditar a superación da primeira proba) poderá obter a habilitación para impartir en primaria. Teño o título de grao en Educación Infantil coa mención de Música. Podo obter a habi- litación de Música en Primaria por titulación? Non. O artigo 5.1 do Real decreto 476/2013, do 21 de xuño, establece que as ensi- nanzas de Música na educación primaria serán impartidas por mestres que estean en posesión do título de grao que habilite para o exercicio da profesión regulada de mestre en educación primaria e que inclúa unha mención en Música ou, no caso de carecer dela, que posúa algún dos requisitos que se establecen no artigo 5.2a). Polo tanto, para obter a habilitación por titulación en calquera das ensinanzas ou postos de educación primaria (Música, Educación Física, Lingua Estranxeira, así como en Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe) será preciso posuír un título de grao en Mestre de Educación Primaria. Preciso obter algunha habilitación para impartir en bilingüismo? Non. Soamente deberá posuír algunha das titulacións ou ensinanzas que se relacionan segundo o idioma na Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competen-

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=