Manual do profesorado galego

84 Se estiven impartindo Relixión en educación secundaria obrigatoria nun centro público ou privado de ensinanza regrada, debidamente autorizado, durante 12 meses con ante- rioridade ao 1 de outubro de 2009, podo acreditar a formación pedagóxica e didáctica? Si, a Comisión Autonómica de Habilitacións de Galicia acordou na sesión do 28 de xullo de 2016 que as persoas que impartisen Relixión en educación secundaria obri- gatoria nun centro público ou privado de ensinanza regrada, debidamente autorizado, durante 12 meses con anterioridade ao 1 de outubro de 2009 acreditarían a formación pedagóxica e didáctica. Podo acreditar a formación pedagóxica e didáctica coa impartición na universidade antes do 1 de outubro de 2009? Non, soamente se poderá acreditar a formación pedagóxica e didáctica coa imparti- ción de materias nos niveis e ensinanzas cuxas especialidades docentes se regulan no Real decreto 1834/2008, do 8 de novembro. Son graduado en Ciencias Empresariais e posúo 24 créditos de materias relaciona- das coas matemáticas. Podo habilitarme nesta materia por titulación e formación de educación superior adecuada? Non. Ademais de posuír a formación de educación superior adecuada (24 créditos uni- versitarios oficiais de materias relacionadas), é imprescindible posuír unha titulación da rama de coñecemento esixida polo anexo do Real decreto 860/2010, do 2 de xullo. Neste caso, para a impartición da materia de Matemáticas, o anexo do real decreto non permite que unha persoa coa titulación de grao da rama de coñecemento de Ciencias Sociais e Xurídicas imparta a devandita materia, de modo que por titulación, en ningún caso, poderá obter a habilitación, xa que a normativa esixe que se cumpran os dous requisitos para obter a habilitación, tanto a titulación de grao dunha rama de coñecemento concreta como a formación adecuada, así que, se non se posúe algún destes, como é o caso, non se poderá outorgar a habilitación. Son graduado en Ciencias Empresarias e superei a primeira proba da fase de oposi- ción da especialidade de Matemáticas do corpo de profesores de ensino secundario no último procedemento selectivo convocado pola consellería competente en materia de educación. Podo habilitarme en Matemáticas? Si. O artigo 3.1b) do Real decreto 860/2010, do 2 de xullo, establece que a cua- lificación específica requirida para impartir as materias de educación secundaria obrigatoria e bacharelato poderá acreditarse mediante a certificación de superar a proba á que fai referencia o artigo 21.1 do Real decreto 276/2007, do 23 de febre- iro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, accesos e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e regúlase o réxime transitorio de ingreso ao que se refire a disposición transitoria décimo sétima da citada lei, da especialidade á que está asignada a materia correspondente nos anexos III, IV e V do Real decreto 1834/2008, do 8 de novembro, polo que se definen as condicións de formación para o exercicio

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=