Manual do profesorado galego

83 HABILITACIÓN PARA O EXERCICIO DA DOCENCIA EN CENTROS PRIVADOS NAS ENSINANZAS DE EDUCACIÓN INFANTIL, PRIMARIA, SECUNDARIA OBRIGATORIA, BACHARELATO E FORMACIÓN PROFESIONAL. PROCEDEMENTO CÓDIGO ED302B O meu domicilio é fóra de Galicia, podo habilitarme? Si sempre que posúa unha oferta de emprego dun centro privado da Comunidade Autónoma de Galicia. Posúo a titulación de grao en Educación Primaria coa mención de Lingua Estranxeira: Inglés, preciso habilitarme? Non, o anexo III da Orde de 22 de xullo de 2020 relaciona a titulación de grao en Edu- cación Primaria coa mención de Lingua Estranxeira: Inglés como unha das titulacións que non precisan de habilitación para a impartición da Lingua Estranxeira: Inglés no nivel educativo de primaria en centros privados. Posúo un certificado de correspondencia do meu título de diplomatura universitaria, arquitectura técnica ou enxeñaría técnica a un MECES 2. Podo habilitarme para impar- tir en educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros privados? Non, a finalidade destes certificados MECES é facilitar a mobilidade no estranxeiro dos egresados das universidades españolas con títulos anteriores ao plan Bolonia, pero os certificados de correspondencia non outorgan ningún título diferente ao que se posúe nin supoñen ningún cambio nas competencias profesionais para as que habilita o título posuído, de modo que non se poderán habilitar para a impartición en educación secundaria obrigatoria e/ou bacharelato, agás naqueles casos expresamente previstos polo Real decreto 860/2010, do 2 de xullo, para estas titulacións. Aínda non finalicei o Máster do Profesorado, podo habilitarme? Non, soamente se lles outorgará a habilitación a aquelas persoas que acrediten todos os requisitos esixidos polo Real decreto 860/2010, do 2 de xullo, e, polo tanto, deberá acreditarse que se posúe o título de máster regulado pola Orde ECI/3858/2007, do 27 de decembro, polo que se establecen os requisitos de veri- ficación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio das profe- sións de profesor de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensinanza de idiomas ou poidan acreditar algunha das ensinanzas, titulacións ou experiencia docente de conformidade co establecido no artigo 5.2 da Orde de 22 de xullo de 2020.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=