Manual do profesorado galego

82 A fase de oposición do concurso-oposición de estabilización de emprego temporal de cantas probas constará? Unha única proba estruturada en dúas partes. No concurso-oposición de estabilización de emprego temporal, a fase de oposición terá carácter eliminatorio? Si. A disposición transitoria cuarta do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, engadida polo Real decreto 270/2022, establece que “a nota final e global da proba se expresará en números de cero a dez, sendo necesario obter, polo menos, cinco puntos para poder acceder á fase de concurso”. E son eliminatorias cada unha das partes da proba? Non. A mesma disposición transitoria cuarta establece que “a fase de oposición cons- tará dunha única proba estruturada en dúas partes, que non terán carácter eliminatorio”. No concurso-oposición de estabilización de emprego temporal, haberá que presentar e defender unha programación didáctica? Non. En que consistirá a parte A da proba? No desenvolvemento por escrito dun tema elixido pola persoa aspirante, de entre un número de temas, extraído polo tribunal ao chou. En que consistirá a parte B da proba? Na preparación, presentación e exposición, e defensa dunha unidade didáctica. Nal- gunhas especialidades constará tamén dun exercicio de carácter práctico. En que especialidades haberá un exercicio de carácter práctico? Poderase incorporar un exercicio práctico naquelas especialidades que inclúan con- tidos de carácter aplicado, habilidades instrumentais ou técnicas. Nas especialidades de formación profesional deberá realizarse un exercicio de carác- ter práctico.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=