Manual do profesorado galego

81 Para que se valore un título de técnico superior de formación profesional ou de Artes Plásticas e Deseño ou de Técnico Deportivo Superior é necesario acreditar que non foron utilizados para a obtención do título alegado para ingreso no corpo? Si. Mediante a presentación do título de bacharelato ou outros títulos. Se posúo un certificado de nivel avanzado C1 e outro de nivel avanzado C2 dun mesmo idioma, valoraránseme dous certificados? Si, agás no caso da lingua galega en que se valorará só o nivel C2, xa que o nivel C1 é o nivel esixido para o ingreso no corpo. Na subepígrafe 3.2 do baremo, de formación permanente, valóranse os cursos infe- riores a 20 horas? Non. Os cursos inferiores a 3 créditos e non inferiores a 2 créditos poderán valorarse no concurso de méritos? Si, a subepígrafe 2.5 do anexo IV do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, establece que “para os efectos desta subepígrafe se poderán acumular os cursos non inferiores a 2 créditos que cumpran os requisitos que se especifican nesta subepígrafe”. Valoraranse os cursos organizados polos conservatorios de música? Si, pero exclusivamente para a especialidade de Música do corpo de profesores de ensino secundario e en todas as especialidades dos corpos de catedráticos e profe- sores de Música e Artes Escénicas. A formación permanente, para ser valorada, ten que estar relacionada coa especia- lidade á que se opta? Si. Na subepígrafe 2.5 do anexo IV do Real decreto 276/2007 establécese que serán valorados os cursos de formación permanente e perfeccionamento supe- rados, relacionados coa especialidade á que se opta ou coa organización esco- lar, as novas tecnoloxías aplicadas á educación, a didáctica, a psicopedagoxía ou a socioloxía da educación, convocados por administracións públicas con plenas competencias educativas, ou por universidades, ou actividades incluídas no plan de formación permanente organizados por entidades colaboradoras coas admi- nistracións educativas, ou actividades recoñecidas pola Administración educativa correspondente.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=