Manual do profesorado galego

80 No concurso de méritos valoraranse os servizos prestados en centros públicos dependentes da Administración educativa que imparte docencia nun nivel ou etapa educativa distinto do que imparte o corpo ao que se opta? Si, na subepígrafe 1.3. No concurso de méritos valorarase a experiencia docente en especialidades de dis- tinto nivel ou etapa educativa que o impartido polo corpo ao que se opta en centros privados ou centros públicos non dependentes dunha Administración educativa? Non. A valoración da experiencia docente verase reducida cando os servizos se prestasen nunha xornada de traballo inferior á completa? Non. Valoraranse os servizos prestados como persoal laboral docente de Relixión? Si, como servizos prestados noutra especialidade. Na subepígrafe 2.2.1 do baremo valorase o estar en posesión do título oficial de máster. Cantos másteres se poden puntuar? Un. Valorase o máster que habilita para o exercicio das profesións de profesor de educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensinanza de idiomas? Unicamente naqueles corpos e especialidades nas que non é esixible. Valorase o título superior das Ensinanzas Artísticas equivalentes a grao? Si, sempre que non fose presentado como requisito de ingreso ao corpo. Valorase neste concurso de méritos o estar en posesión do Celga 4? Non. A obtención dunha nova mención correspondente a un mesmo título valorase como un novo título de grao? Non.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=