Manual do profesorado galego

79 No concurso de méritos de estabilización de emprego temporal, valorarase a nota media do expediente dunha titulación declarada equivalente para os efectos de docencia? Si, de conformidade coa xurisprudencia do Tribunal Supremo contida na Sentenza núm. 856/2018, do 24 de maio. Só se computará cando a persoa aspirante alegue a devandita titulación para o ingreso ao corpo e non posúa a titulación esixida con carácter xeral. No concurso de méritos de estabilización de emprego temporal, valórase no apartado 2.4b) o nivel avanzado B2 das escolas oficiais de idiomas? Non. Valorarase o nivel avanzado C1 e C2 de acordo co Real decreto 1041/2017, do 22 de decembro. Valoraranse no apartado 2.4b) outras certificacións de nivel de competencia lingüís- tica C1 e C2 distintas das das escolas oficiais de idiomas, segundo o Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL)? Si, en aplicación da xurisprudencia do Tribunal Supremo recollida na Sentenza núm. 757/2021, do 31 de maio. No concurso de méritos de estabilización de emprego temporal, poderá participarse por máis dunha especialidade? Si, pero haberá que facer unha solicitude por cada especialidade na que se participe. Se participo por máis dunha especialidade, terei que actualizar o expediente per- soal e achegar a documentación xustificativa dos méritos alegados en cada espe- cialidade? Non. A solicitude de actualización do expediente persoal e a documentación xustifi- cativa dos méritos alegados realizarase unha soa vez. Podo presentarme ao concurso de méritos de estabilización de emprego temporal por máis dun corpo? Si. Neste suposto presentarase unha solicitude por cada corpo e por cada especiali- dade pola que se participa. No concurso de méritos valoraranse os servizos prestados na Universidade? Non.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=