Manual do profesorado galego

78 Unha persoa pode ter puntuación no concurso de méritos no apartado 1.1, por ser- vizos prestados no corpo e na especialidade á que se opta, e no apartado 1.2, por servizos prestados no corpo e noutra especialidade á que se opta? Si. Sempre sen superar o máximo de dez anos de experiencia docente previa que poden terse en consideración. Que se baremará no bloque doutros méritos? A superación da fase de oposición na mesma especialidade do corpo ao que se opta e a formación permanente. Unha persoa que superase a primeira proba da fase de oposición terá puntuación no apartado doutros méritos? Non. É necesario superar a fase de oposición, é dicir, as dúas probas do proceso selectivo. Se superei a fase de oposición nunha especialidade do corpo ao que opto, pero nunha especialidade distinta daquela á que pretendo acceder, terei puntuación no apartado doutros méritos? Non. De conformidade co Real decreto 276/2007, valorarase con 2,5 puntos a supe- ración da fase de oposición na mesma especialidade do corpo á que se opta. Que puntuación se outorga por superar a fase de oposición no mesmo corpo e espe- cialidade á que se opta? 2,5 puntos pola superación do procedemento selectivo, ata un máximo de dous pro- cedementos, nas convocatorias celebradas desde o 2012, incluído. Unha persoa que queira participar no concurso de méritos na Comunidade Autónoma de Galicia e noutras comunidadesautónomas terá que realizar dúas solicitudes? Si. Cando menos terá que realizar dúas solicitudes. A propia da Comunidade Autó- noma de Galicia e, como mínimo, outra en función do que establezan as convocatorias das restantes comunidades autónomas. O concurso de méritos de estabilización de emprego temporal terá unha fase de prácticas? Non.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=