Manual do profesorado galego

77 As administracións educativas poderán incluír no baremo do concurso de méritos cuestións non incorporadas no Real decreto 270/2022? Non. A disposición transitoria quinta do Real decreto 276/2007, incorporada polo Real decreto 270/2022, non deixa marxe para que as administracións educativas incorporen cuestións non recollidas no propio real decreto. O punto 2 desta dispo- sición transitoria quinta establece: que “...o concurso excepcional de estabilización so constará da valoración dos méritos a que se refire esta disposición transitoria”. No Real decreto 270/2002 establécese que para o baremo da experiencia docente previa se terá en conta un máximo de dez anos. Supón isto que só se computarán os servizos prestados nos dez últimos anos contados desde a convocatoria do con- curso? Non. Poderán computarse os servizos prestados por cada persoa durante toda a súa carreira profesional, pero non poderán valorarse máis de dez anos de servizos. Valoraranse unicamente os servizos prestados como persoal interino? Non. Valoraranse tamén os servizos prestados como persoal funcionario de carreira noutros corpos distintos aos que se opta. Valoraranse os servizos prestados como persoal substituto? Si. Estes servizos son prestados coa condición xurídica de persoal interino. Neste concurso de méritos, baremanse igual todos os servizos prestados no corpo ao que se opta? Non. Teñen un maior valor os servizos prestados no corpo e na especialidade a que se opta, que se valorarán con 0,700 puntos por cada ano de servizos, mentres que os servizos prestados no corpo, pero nunha especialidade distinta á que se opta valorarán con 0,350 puntos por cada ano de servizos. Nos dous casos, sempre que os servizos se prestasen en centros públicos creados e sostidos polas administracións educativas. Se se opta ao corpo de profesores de ensino secundario, en que apartado se bare- marían os servizos prestados como persoal funcionario de carreira do corpo de mestres? Na epígrafe 1.3 cun valor de 0,125 puntos por ano. Trataríase de experiencia docente noutras especialidades doutros corpos diferentes ao que se opta.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=