Manual do profesorado galego

75 5. Enténdese que a persoa interina desempeña unha praza ininterrompidamente con anterioridade ao 01.01.2016 aínda que sexa en distintas especialidades do mesmo corpo e incluso en corpos distintos. 6. As prazas non teñen que ser temporais desde o 01.01.2016. No ámbito da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universida- des, que condicións deben cumprir as prazas que se ofertarán ao concurso-oposición previsto no artigo 2.1 da Lei 20/2021, do 28 de decembro? 1. Que a praza estivese ocupada na data do 30.09.2021 por persoal interino a xor- nada completa. 2. Que a praza estivese ocupada ininterrompidamente por persoal interino con ante- rioridade ao 01.01.2018, aínda que non ten que ser a mesma persoa interina. 3. Que a praza non estea incorporada ao concurso de méritos pola disposición adi- cional sexta. 4. Que a praza non estea incorporada ao concurso de méritos pola disposición adi- cional oitava. 5. Que a praza sexa estrutural. 6. A praza ten que ser estrutural todos os anos. Que prazas non se consideran estruturais? a) As ofertadas para provisión temporal con xornada reducida. b) As que non teñen unha duración, como mínimo, desde o 1 de outubro ata o 31 de agosto do ano inmediatamente seguinte. c) As que sexan propiedade dunha persoa titular que non as desempeña temporalmente. d) As derivadas das reducións de xornada lectiva do persoal que desempeña cargos directivos nos centros tipo A. e) As prazas desempeñadas en especialidades non vixentes. f)  As prazas desempeñadas por persoal seleccionado como persoal especialista. g) As prazas do corpo de profesores de Música e Artes Escénicas afectadas pola Sen- tenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia núm. 469/2019, do 23 de outubro, de acceso ao corpo de catedráticos de Música e Artes Escénicas. No concurso de méritos e no concurso-oposición de estabilización de emprego tem- poral, ofértanse prazas en centros concretos e determinados? Non. Os criterios comentados nas epígrafes anteriores utilízanse para calcular o número de prazas que se van convocar por corpo e especialidade, pero non para ofertar prazas concretas. A obtención dun destino concreto acadarase a través da participación no concurso de traslados.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=