Manual do profesorado galego

74 De que contía será a compensación económica para o persoal funcionario interino? Vinte días de retribucións fixas por ano de servizo, rateándose por meses os períodos de tempo inferiores a un ano, ata un máximo de doce mensualidades. A non participación do persoal funcionario interino no proceso selectivo de estabili- zación implicará a perda do dereito á compensación económica? Si. A Lei 20/2021 permite que se adopten medidas de axilización dos procesos selectivos? Si. A disposición adicional cuarta establece que as administracións públicas deberán asegurar o cumprimento do prazo establecido para a execución dos procesos selec- tivos mediante a adopción das medidas apropiadas para o desenvolvemento áxil dos procesos selectivos, tales como a redución de prazos, a dixitalización dos procesos ou a acumulación de probas nun mesmo exercicio, entre outras. A Lei 20/2021, do 28 de decembro, prevé unha convocatoria excepcional de estabili- zación de emprego temporal de longa duración? Si, nas disposicións adicionais sexta e oitava. A convocatoria realizarase unha soa vez polo sistema de concurso. No ámbito da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universida- des, que condicións deben cumprir as prazas que se ofertarán a concurso de méritos en aplicación da disposición adicional sexta? 1. Que a praza estea ocupada na data do 30.09.2021 por persoal interino a xornada completa. 2. Que a praza estivese ocupada ininterrompidamente por persoal interino con ante- rioridade ao 01.01.2018, aínda que non ten que ser a mesma persoa interina. 3. Que a praza sexa estrutural. 4. A praza ten que ser estrutural todos os anos. No ámbito da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universida- des, que condicións deben cumprir as prazas que se ofertarán a concurso de méritos en aplicación da disposición adicional oitava? 1. Que sexan prazas ocupadas actualmente por persoal interino a xornada completa. 2. Que a persoa interina que a desempeña veña prestando servizos en calquera praza ininterrompidamente con anterioridade ao 01.01.2016. 3. Que a praza sexa estrutural. 4. Que a praza non estea incorporada ao concurso de méritos pola disposición adi- cional sexta.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=