Manual do profesorado galego

73 A publicación das convocatorias dos procesos selectivos para a cobertura das prazas da oferta de emprego de estabilización de emprego temporal deberá producirse? Con anterioridade ao 31 de decembro de 2022. A resolución dos procesos selectivos de estabilización de emprego temporal deberán rematar? Con anterioridade ao 31 de decembro de 2024. De conformidade co artigo 2.3 da Lei a taxa de cobertura temporal deberá situarse por debaixo do: Oito por cento (8 %) das prazas estruturais. Cantas prazas de estabilización de emprego temporal se ofertarán para o persoal docente na Comunidade Autónoma de Galicia? 1.281 das cales: •  1.156 convocaranse mediante concurso de méritos •  125 por concurso-oposición Aos procesos selectivos de estabilización do emprego temporal poderá presentarse unicamente o persoal interino? Non. Poderán presentarse todas as persoas que reúnan os requisitos. O artigo 2.4 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, establece que se garantirá o principio de libre concorrencia. De conformidade co establecido no artigo 2.5 da Lei 20/2021, da resolución dos pro- cesos selectivos non poderá derivar, en ningún caso, – incremento de custo, – incremento de efectivos. Deberán ofertarse necesariamente neste procesos prazas de natureza estrutural que se encontren desempeñadas por persoal temporal. De conformidade co artigo 2.6 da Lei 20/2021, que persoal terá dereito a unha com- pensación económica? O persoal funcionario interino ou o persoal laboral temporal que, estando en activo como tal, vise finalizada a súa relación coa Administración pola non superación do proceso selectivo de estabilización.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=