Manual do profesorado galego

72 EQUIPO DIRECTIVO DOS CENTROS DOCENTES PÚBLICOS A quen lle corresponde realizar a proposta de nomeamento e cesamento dos mem- bros do equipo directivo? Ao director ou directora do centro, de acordo co establecido no artigo 131.4 da LOE. A dirección do centro, ten que escoitar o claustro de profesores e o consello escolar con carácter previo a formular a proposta de nomeamento? Non. Ten que comunicarllo previamente. O artigo 131.4 da LOE establece que “o director ou directora, logo da comunicación ao claustro de profesores e ao consello escolar, formulará unha proposta de nomeamento e cesamento á Administración edu- cativa dos cargos de xefe de estudos e secretario de entre o profesorado con destino en devandito centro”. O cesamento da dirección do centro educativo implica o cesamento do resto do equipo directivo? Si. O artigo 131.5 da LOE establece que “todos os membros do equipo directivo cesa- rán nas súas funcións ao remate do seu mandato ou cando se produza o cesamento do director ou directora”. ESTABILIZACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL LEI 20/2021, DO 28 DE DECEMBRO, DE MEDIDAS URXENTES PARA A REDUCIÓN DA TEMPORALIDADE NO EMPREGO PÚBLICO. REAL DECRETO 270/2022, DO 12 DE ABRIL, POLO QUE SE MODIFICA O REGULAMENTO DE INGRESO, ACCESOS E ADQUISICIÓN DE NOVAS ESPECIALIDADES NOS CORPOS DOCENTES A QUE SE REFIRE A LEI ORGÁNICA 2/2006, DO 3 DE MAIO, DE EDUCACIÓN, E REGÚLASE O RÉXIME TRANSITORIO DE INGRESO A QUE SE REFIRE A DISPOSICIÓN TRANSITORIA DÉCIMO SÉTIMA DA CITADA LEI, APROBADO POR REAL DECRETO 276/2007, DO 23 DE FEBREIRO O artigo 2.1 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, establece unha taxa adicional para a estabilización de emprego temporal que incluirá as prazas: – de natureza estrutural – que estean dotadas orzamentariamente – e ocupadas de forma temporal e ininterrompidamente polo menos nos tres anos anteriores ao 31 de decembro de 2020.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=