Manual do profesorado galego

71 A aprobación provisional dos horarios correspóndelle: Á dirección do centro. Contra a aprobación provisional dos horarios poderase reclamar ante: A inspección educativa, no prazo de dez días. A aprobación definitiva dos horarios correspóndelle: á Inspección educativa. Contra a aprobación definitiva dos horarios procede: Un recurso de alzada, no prazo dun mes, ante a xefatura territorial correspondente. Unha persoa obtivo destino definitivo no centro A no que estivo 4 anos. Obtén por concurso de traslados destino definitivo no centro B no que leva 3 anos. Que antigüi- dade ten en B para os efectos da adscrición funcional? 7 anos. Deben computarse os catro que estivo con destino definitivo no centro A. A antigüidade no centro de supresión compútase tamén para os efectos de adscrición funcional e non só para a puntuación no concurso de traslados, de acordo coa xuris- prudencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=