Manual do profesorado galego

70 Nos institutos de educación secundaria nos que se impartan ensinanzas ao alumnado en dúas ou máis quendas, que se elixirá en primeiro lugar? Quenda. De conformidade coa Orde do 28 de xuño de 2010, o profesorado especialista: Non poderá elixir cursos inferiores se quedasen os superiores para profesorado de afíns ou para persoal docente interino. O persoal docente poderá elixir horario de disciplinas afíns en canto non estean total- mente cubertas todas as horas do seu propio departamento? Non, agás o profesorado que se formou e está a impartir na actualidade determinados módulos profesionais. Para a impartición dos módulos profesionais da formación profesional, terán prioridade: O persoal docente con maior preparación específica neles. Nos institutos de educación secundaria, para o persoal que accedeu ao posto de traballo en virtude de procedementos de provisión convocados con anterioridade á entrada en vigor do Decreto 140/2006, do 31 de agosto, despois do catedrático/a máis antigo/a no corpo, ten prioridade na elección a persoa con máis anos de servizos como funcionario de carreira no corpo ou a persoa con maior antigüidade con destino definitivo na praza? A persoa con maior número de anos de servizos efectivo como funcionaria de carreira no corpo. Nos centros de educación infantil e primaria, que grupos serán asignados ao persoal do corpo de mestres que fose formado especificamente pola Administración educa- tiva ou posúan a titulación, experiencia ou formación adecuada? Os grupos nos que se estea a desenvolver: •  o proxecto Abalar •  as sección bilingües •  os que se impartan en lingua estranxeira. Nos restantes grupos, no caso de non acadar consenso, en que se baseara a proposta da xefatura de estudos? •  Respectar, en todo caso, o posto de traballo e/ou a especialidade •  Respectar o dereito de cada grupo de alumnos e alumnas a manter o mesmo titor durante todo o ciclo, incluído o segundo ciclo da educación infantil.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=