Manual do profesorado galego

69 ELECCIÓN DE HORARIOS Cando unha persoa teña que elixir horario en máis dunha quenda, elixirá horario des- pois de que o profesorado de cada quenda teña elixido todo o seu horario? Non. Elixirá horario en cada unha das quendas na orde que lle corresponda, de acordo co establecido na Orde do 28 de xuño de 2010. Que grupos de alumnado se elixirán en primeiro lugar? Os que estean a desenvolver: •  o proxecto Abalar •  as seccións bilingües •  as materias que se impartan nunha lingua estranxeira •  calquera outro que resulte dos criterios pedagóxicos establecidos polo claustro. Que profesorado terá prioridade para a elección dos grupos de alumnado mencionado no apartado anterior? O profesorado que fose formado especificamente pola Administración educativa para tal fin ou acredite que posúe a titulación, experiencia ou formación adecuada. Cando existan varios profesores ou profesoras que reúnan os requisitos para a elec- ción destes grupos, cal será a prioridade de elección? A establecida con carácter xeral na Orde do 28 de xuño de 2010. Na elección de horarios, deberá garantirse que o persoal docente pertencente ao corpo de mestres completa o seu horario entre o primeiro e o segundo curso de edu- cación secundaria obrigatoria? Si. A elección de horarios en que criterios básicos se fundamenta? Nos de equidade e mutuo acordo. De conformidade coa Orde do 28 de xuño de 2010, de non haber mutuo acordo, a orde de eleccións será: En primeiro lugar, o profesorado con destino definitivo no centro. En segundo lugar, o profesorado con destino provisional no centro.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=