Manual do profesorado galego

68 Cando se produce un nomeamento, con carácter extraordinario, da dirección dun centro docente público? •  En ausencia de candidaturas á dirección. •  Nos centros de nova creación. •  Cando a comisión de selección non seleccione a ningunha persoa candidata. No nomeamento da dirección con carácter extraordinario é preceptivo oír o claustro doprofesorado? Non. E preceptivo oír o consello escolar. Cando se produce un nomeamento, con carácter accidental, da dirección dun centro docente público? Cando se produza o cesamento da dirección durante o curso escolar. Este nomea- mento accidental será ata o 30 de xuño. Unha vez rematado o máximo de tres mandatos de 4 anos exercendo a dirección, é posible continuar sendo director ou directora no mesmo centro? Si, pero é necesario presentarse novamente ao concurso de méritos e resultar selec- cionado ou seleccionada. O consello escolar do centro pode promover o cesamento da dirección? Si, pode realizar unha proposta motivada, pero limitada ao seguinte motivo: incumpri- mento grave das funcións inherentes ao cargo da dirección. Así se recolle no artigo 138.d) da LOE. O persoal docente avaliado negativamente no exercicio da dirección poderá presentar solicitude para participar no concurso de méritos para acceder á dirección? Si, pero non poderá facelo durante un período de tres anos. De acordo coa disposición adicional cadraxésimo cuarta da LOE, considéranse equi- valentes á certificación acreditativa de superar o programa de formación sobre o desenvolvemento da función directiva? As habilitacións e acreditacións de directores e directoras de centros públicos expe- didos con anterioridade á entrada en vigor da lei. Esta disposición adicional foi engadida pola Lei 3/2020, do 29 de decembro (LOMLOE).

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=