Manual do profesorado galego

5 AGRADECEMENTO Coñezo a J. Luís Canosa desde hai máis dun cuarto de século e sempre mantivemos unha máis que boa relación, tanto persoal como profesional. De feito, e a pesar de que traballamos desde distintos ámbitos educativos, Canosa como representante dunha Administración educativa e eu como responsable dunha organización sindical inde- pendente e profesional sempre defendemos os mesmos obxectivos: por unha banda, colocar o ensino galego á vangarda dos servizos públicos e, pola outra, prestixiar o excelente traballo realizado polos docentes galegos. Alá polo ano 2005 viu a luz o primeiro Manual do profe- sorado galego . Un manual esencial e imprescindible que, durante nada máis e nada menos que 17 anos, foi fonte de consulta constante por parte dos equipos directivos e do profesorado galego. Pero claro, despois desta eternidade, chegou o momento de afrontar unha profunda actualiza- ción e, a verdade, é que foi moi doado, simplemente foi dicirllo a Jose Luís e, automaticamente, xa me dixo que si, o que lle agradezo sinceramente. Ben é certo que me puxo condición, unha soa: que Mónica García, a súa xefa de servizo de Primaria, participase activamente na súa actualización. Isto agradoume aínda máis, pois considero a Mónica unha excelente profesional, meticulosa e rigo- rosa no desempeño da súa función de todo o que ten que ver coa xestión dos recursos humanos da Consellería e da lexislación que hai que aplicar no ámbito educativo galego. Quero agradecerlles aos dous este excelente traballo, pro- fesional e completo. Unha guía de consulta esencial para o profesorado galego. Feita desde unha perspectiva distinta á simple recompilación da normativa educativa, moi lonxe do que o profesorado solicita nas súas consultas profesio- nais do día a día. Este magnífico compendio de preguntas e respostas organizadas por temáticas son as cuestións profesionais que o profesorado demanda diariamente no desenvolvemento das súas tarefas educativas. Grazas Mónica. Grazas J. Luís.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=