Manual do profesorado galego

67 O persoal candidato á dirección que resulte seleccionado para exercer o cargo nun centro distinto daquel no que teña destino definitivo perde o seu destino definitivo? Non. Estarán en comisión de servizos no centro no que exercen a dirección. Os directores e directoras dun centro docente público poden participar no concurso de traslados e acadar un novo destino sen que implique o cesamento no cargo? Si. Débese ter en conta que non é necesario ter destino definitivo no centro para ser candidato ou candidata á dirección. En consecuencia, se se participa e obtén destino no concurso de traslados, unicamente se modifica o centro desde o que se está en comisión de servizos, agás que a persoa interesada solicite voluntariamente o cesamento. As persoas candidatas á dirección poderán formar parte da comisión de selección? Non. O persoal docente do centro educativo poderá formar parte da comisión de selección como representante do consello escolar? Non. O artigo 135.3 da LOE establece que polo menos un terzo dos membros da comisión será elixido por e entre as persoas membros do consello escolar que non son persoal docente. Un alumno ou alumna poderá formar parte da comisión de selección como represen- tante do consello escolar? Si, pero o proxecto de decreto establece que a representación do consello escolar na comisión de selección non poderá recaer en alumnado que estea matriculado nun curso inferior a terceiro de educación secundaria obrigatoria. Para a selección do director ou directora, terán preferencia as candidaturas do pro- fesorado do centro? Si. O artigo 135.5 da LOE establece que a selección se realizará valorando especial- mente as candidaturas do profesorado do centro. O proxecto de decreto establece que a selección se realizará considerando primeiro as candidaturas do profesorado do centro, que terán preferencia. En ausencia de candidaturas do centro ou cando estas non fosen seleccionadas, a comisión valorará as candidaturas do profesorado doutros centros.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=