Manual do profesorado galego

66 Unha persoa funcionaria de carreira do corpo de profesores técnicos de formación profesional con quince anos de servizo accede ao corpo de profesores de ensino secundario e leva tres de servizo neste corpo. Pode presentarse ao concurso de méri- tos para acceso á dirección? Si. Neste intre non se esixe ter unha antigüidade de, polo menos, cinco anos no corpo da función pública docente desde o que se opta. O requisito é ter unha antigüidade de polo menos cinco anos como persoal funcionario na función pública docente. Unha persoa funcionaria de carreira do corpo de profesores de ensino secundario, reúne o requisito para ser candidata á dirección dunha escola oficial de idiomas? En principio, non. Un dos requisitos para presentarse á dirección dun centro docente público é “exercer funcións docentes como persoal funcionario, durante un período de polo menos cinco anos, nalgunha das ensinanzas das que ofrece o centro ao que se opta”. Unha persoa funcionaria de carreira do corpo de mestres que preste servizos nun instituto nos dous primeiros cursos da educación secundaria obrigatoria reúne o requisito para ser candidata á dirección? Si, reúne o requisito de exercer funcións docentes como persoal funcionario, durante un período de polo menos cinco anos, nalgunha das ensinanzas das que ofrece o centro ao que se opta. E se a persoa do corpo de mestres que presta servizos no instituto é da especialidade de Pedagoxía Terapéutica ou de Audición e Linguaxe? Tamén. Así se recolle expresamente no artigo 4.1.c) do proxecto de decreto polo que se regula a selección, nomeamento e cesamento das direccións dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na LOE. O persoal funcionario de carreira do corpo de mestres e do corpo de profesores de ensino secundario reúne os requisitos para presentar candidatura á dirección dun centro público integrado? Si, porque nestes centros impártese tanto o nivel de educación primaria como o nivel de educación secundaria. O persoal docente que estea en comisión de servizos na Consellería de Cultura, Edu- cación, Formación Profesional e Universidades reúne o requisito para presentar a candidatura á dirección? Si. Incluso pode presentarse o persoal que non estea prestando servizos, como é o caso dos que están na situación de excedencia voluntaria.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=