Manual do profesorado galego

65 Para ser candidato ou candidata á dirección, é preciso posuír a certificación acredi- tativa de que se superase un curso de formación sobre competencias para o desen- volvemento da función directiva? Si. O artigo 134.1.c) da LOE establece que as administracións educativas poderán considerar como requisito que se superase un programa de formación sobre compe- tencias para o desempeño da función directiva. O proxecto de decreto polo que se regula a selección, nomeamento e cesamento das direccións dos centros docentes públicos recolle esta formación como un requisito para presentarse á dirección. Pode un profesor ou profesora que non teña destino definitivo participar no concurso de méritos de acceso á dirección? Si. En ningún momento se esixe como requisito ter destino definitivo para poder participar no concurso de méritos. Obviamente, haberá que reunir os requisitos que se establecen na convocatoria. Pode unha persoa funcionaria de carreira dun corpo docente dependente dunha comunidade autónoma que non sexa Galicia, presentarse ao concurso de méritos da dirección? Non. O artigo 4.1.d) do proxecto de decreto establece como un dos requisitos para presentarse á dirección: “Estar prestando servizos nun centro educativo dependente da consellería competente en materia de educación da Xunta de Galicia e depender organicamente desta”. Pode presentarse á dirección unha persoa funcionaria de carreira dun corpo docente que dependa doutra comunidade autónoma e preste servizos en comisión de servizos na Comunidade Autónoma de Galicia? Non. Como se pon de manifesto na resposta anterior, é preciso depender organica- mente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Pode presentarse á dirección unha persoa funcionaria de carreira dun corpo docente que estea en situación de servizos especiais ou de excedencia por coidado de fami- liares ou en excedencia voluntaria? Si. Dentro dos requisitos para ser candidato ou candidata á dirección non se encontra o ter que estar na situación de servizo activo. Será necesario estar nunha destas situacións por resolución da consellería compe- tente en materia de educación da Xunta de Galicia e reunir os restantes requisitos. O persoal en situación de excedencia voluntaria deberá reunir, o 1 de xullo do ano correspondente, os requisitos para reingresar ao servizo activo.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=