Manual do profesorado galego

64 DIRECCIÓN CENTROS DOCENTES PÚBLICOS LEI ORGÁNICA 2/2006, DO 3 DE MAIO, DE EDUCACIÓN Proxecto de decreto polo que se regula a selección, nomeamento e cesamento das direccións dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Para ser candidato ou candidata á dirección dun centro docente público, é necesario ser persoal funcionario de carreira na función pública docente? Si. Non pode presentarse o persoal docente interino. Artigo 133.2 da LOE. O nomeamento da dirección dos centros integrados de formación profesional reali- zarase por concurso de méritos? Non. Realizarase por libre designación. Para ser candidato ou candidata á dirección é necesario ter unha antigüidade de polo menos cinco anos como persoal funcionario de carreira na función pública docente? Non. En aplicación da Directiva europea 1999/70/CE, o proxecto de decreto esta- blece como un dos requisitos: “Ter unha antigüidade de polo menos cinco anos como persoal funcionario na función pública docente nun dos corpos aos que se fai refe- rencia na letra anterior”. Pode ser candidato ou candidata á dirección o persoal docente funcionario de carreira pertencente ao corpo a extinguir de profesores técnicos de formación profesional? Si. Así o recolle expresamente o proxecto de decreto no artigo 4.1.a) Para ser candidato ou candidata á dirección, é necesarioque se exercesen funcións docentes como persoal funcionario de carreira, durante un período de polo menos cinco anos, nalgunha das ensinanzas que ofrece o centro ao que se opta? É necesario que se exercesen funcións docentes como persoal funcionario durante un período de polo menos cinco anos nalgunha das ensinanzas que ofrece o centro ao que se opta, pero non necesariamente como persoal funcionario de carreira. Tamén se computan os servizos prestados como persoal funcionario interino, en aplicación da Directiva europea 1999/70/CE.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=