Manual do profesorado galego

62 DEREITOS DA PERSOA INTERESADA NO PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO LEI 39/2015, DO 1 DE OUTUBRO, DO PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS (BOE NÚM. 236, DO 2 DE OUTUBRO). ARTIGO 53 a) A coñecer, en calquera momento, o estado da tramitación dos procedementos nos que teñan a condición de interesadas; o sentido do silencio administrativo que corresponda, no caso de que a Administración non dite nin notifique resolución expresa en prazo; o órgano competente para a súa instrución, de ser o caso, e reso- lución; e os actos de trámite ditados. Así mesmo, tamén terán dereito a acceder e a obter copia dos documentos contidos nos citados procedementos.    Quen se relacione coas administracións públicas a través de medios electrónicos terá dereito a consultar a información á que se refire o parágrafo anterior no punto de acceso xeral electrónico da Administración, que funcionará como un portal de acceso. Entenderase cumprida a obrigación da Administración de facilitar copias dos documentos contidos nos procedementos mediante a posta ao dispor destas no punto de acceso xeral electrónico da Administración competente ou nas sedes electrónicas que correspondan. b) A identificar as autoridades e ao persoal ao servizo das administracións públicas baixo cuxa responsabilidade se tramiten os procedementos. c) A non presentar documentos orixinais salvo que, de maneira excepcional, a nor- mativa reguladora aplicable estableza o contrario. No caso de que, excepcional- mente, deban presentar un documento orixinal, terán dereito a obter unha copia autenticada deste. d) A non presentar datos e documentos non esixidos polas normas aplicables ao procedemento de que se trate que xa se atopen en poder das administracións públicas ou que fosen elaborados por estas. e) A formular alegacións, utilizar os medios de defensa admitidos polo ordenamento xurídico e a achegar documentos en calquera fase do procedemento anterior ao trámite de audiencia, que deberán ser tidos en conta polo órgano competente ao redactar a proposta de resolución. f) A obter información e orientación sobre os requisitos xurídicos ou técnicos que as disposicións vixentes impoñan aos proxectos, actuacións ou solicitudes que se propoñan realizar. g) A actuar asistidos por un asesor ou asesora cando o consideren conveniente en defensa dos seus intereses. h) A cumprir as obrigacións de pagamento a través dos medios electrónicos previstos no artigo 98.2. i) Calquera outro que lles recoñezan a Constitución e as leis. Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno. Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=