Manual do profesorado galego

61 No suposto anterior, se o número de solicitudes de cesamento fose maior que o de persoal funcionario que deba cesar, os criterios de prioridade para optar serán: •  Omaior número de anos de servizos efectivos como persoal funcionario de carreira. •  A maior antigüidade con destino definitivo ininterrompido na praza. •  O ano máis antigo de ingreso no corpo. •  A pertenza ao corpo de catedráticos. •  A maior puntuación obtida no procedemento selectivo de ingreso no corpo. DEREITOS DAS PERSOAS NAS SÚAS RELACIÓNS COAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS LEI 39/2015, DO 1 DE OUTUBRO, DO PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS (BOE NÚM. 236, DO 2 DE OUTUBRO). ARTIGO 13 a) A comunicarse coas administracións públicas a través dun punto de acceso xeral electrónico da Administración. b) A ser asistidas no uso de medios electrónicos nas súas relacións coas adminis- traciónspúblicas. c) A utilizar as linguas oficiais no territorio da súa comunidade autónoma, de acordo co previsto nesta lei e no resto do ordenamento xurídico. d) A acceder á información pública, arquivos e rexistros, de acordo co previsto na Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno e o resto do ordenamento xurídico. e) A ser tratadas con respecto e deferencia polas autoridades e persoal empregado público, que haberá de facilitarlles o exercicio dos seus dereitos e o cumprimento das súas obrigacións. f) A esixir as responsabilidades das administracións públicas e autoridades, cando así corresponda legalmente. g) A obter e utilizar os medios de identificación e sinatura electrónica establecidos nesta lei. h) Á protección de datos de carácter persoal e, en particular, á seguridade e con- fidencialidade dos datos que figuren nos ficheiros, sistemas e aplicacións das administracións públicas. i) Calquera outro que lles recoñezan a Constitución e as leis.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=