Manual do profesorado galego

60 Cales son os criterios de perda do destino definitivo, nos corpos que imparten as ensinanzas secundaria e de réxime especial, para o persoal que accedeu a estes a través de procedementos de provisión de postos convocados con posterioridade á entrada en vigor do Decreto 140/2006, do 31 de agosto? Unha persoa do corpo de catedráticos por especialidade terá dereito preferente para quedar con destino definitivo no centro. •  Menor antigüidade ininterrompida como definitivo na praza. •  Menor tempo de servizos como persoal funcionario do corpo. •  Ano máis recente de ingreso no corpo. •  Non pertencer ao corpo de catedráticos. •  A menor existencia de cargas familiares, nomeadamente, menores de 6 anos e persoas con discapacidades severas. •  Menor puntuación obtida no procedemento selectivo de ingreso no corpo. No suposto anterior, se o número de solicitudes de cesamento fose maior que o de persoal funcionario que deba cesar, cales son criterios de prioridade para optar? •  Maior antigüidade con destino definitivo ininterrompido na praza. •  Maior número de anos de servizos efectivos como persoal funcionario de carreira. •  Ano máis antigo de ingreso no corpo. •  Pertencer ao corpo de catedráticos. •  A maior existencia de cargas familiares, nomeadamente, menores de 6 anos e persoas con discapacidades severas. •  A maior puntuación obtida no procedemento selectivo de ingreso no corpo. De conformidade coa disposición transitoria do Decreto 140/2006, do 31 de agosto, para o persoal funcionario docente que imparte ensinanzas de secundaria ou de réxime especial que acceden ao centro en virtude de procedementos de provisión de postos convocados con anterioridade á entrada en vigor do citado decreto, se ninguén opta voluntariamente polo cesamento, cales son os criterios da perda do destino definitivo que se aplicarán sucesivamente? •  Unha persoa do corpo de catedráticos por especialidade terá dereito preferente para quedar con destino definitivo no centro. •  Menor tempo de servizos efectivo como persoal funcionario de carreira do corpo. •  Menor antigüidade ininterrompida como definitivo na praza. •  Ano máis recente de ingreso no corpo. •  Non pertencer ao corpo de catedráticos. •  Menor puntuación obtida no procedemento selectivo de ingreso no corpo.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=